O PSdeG reivindica a "paridade" co BNG en Santiago e evita confirmar se haberá goberno de coalición

Mercedes Rosón di que se tomará a decisión de entrar ou non no goberno logo de falar co BNG este xoves.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/05/2023 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

A líder provisonal do PSdeG de Santiago e teniente de alcalde en funcións, Mercedes Rosón, evitou este martes confirmar se este partido estará no futuro goberno da cidae ata que non fale co BNG na xuntanza prevista para este xoves.

Mercedes Rosón e Xosé Antonio Sánchez Bugallo
Mercedes Rosón e Xosé Antonio Sánchez Bugallo | Fonte: Europa Press

En todo caso, en declaracións aos medios Rosón reivindicou a situación de "paridade" que mantén co BNG, xa que as dúas formacións teñen seis concelleiros e están separadas por menos de mil votos. "A ciudadanía colocounos nunha situación de paridade co BNG que hai que aceptar", dixo.

Ademais, destacou que o Grupo Municipal Socialista está unido e valorando as distintas opcións e a  a decisión tomarase "exclusivamente en función dos intereses de Santiago, e da cidadanía de Santiago".  Polo tanto, e ata que non se manteña unha xuntanza o vindeiro xoves co BNG, o PSdeG non decidirá o que fará.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta