UPA e UU.AA. defenden a Lei de Cadea Alimentaria no Supremo fronte á demanda da industria láctea

O proceso xudicial comezou o pasado novembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2023 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

A Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA) e Unións Agrarias (que forma parte de UPA) declararon este mércores no Tribunal Supremo no caso iniciado pola Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil), que interpuxo en novembro de 2022 unha demanda para tombar o artigo da Lei da Cadena Alimentaria relativo a que ningún gandeiro poida cobrar por baixo dos custos de produción.

Segundo explica UPA nun comunicado, a intención das industrias lácteas é eliminar "a prohibición da compra a perdas en cada elo da cadea alimentaria", unha medida denominada na lei como "destrución de valor dos produtos". Fenil considera que pagar un prezo por encima dos custos de produción é "contrario a dereito".

Pola súa banda, UPA defende que é necesario "salvagardar este punto chave da Lei da Cadea", pois evita que os produtores perciban un prezo inferior aos seus custos.

Coa intención de demostrar a súa posición, UPA acudiu este mércores ao TS para presentar documentación pericial, do mesmo xeito que Fenil. A asociación de gandeiros explicou a Europa Press que o seu informe é "bastante extenso" e reflicte detalladamente a situación que se vive no sector e por que é necesario manter a prohibición da compra a perdas.

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, en declaracións en Madrid
O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, en declaracións en Madrid | Fonte: UNIÓNS AGRARIAS - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta