Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/06/2023 | Actualizada ás 12:03
A vivenda de segunda man en Galicia encareceuse un 3,39% en maio respecto ao mesmo mes de 2022, segundo o último informe de pisos.com, que sitúa o prezo do metro cadrado en 1.347 euros, o mesmo que en abril deste ano.
Desta maneira, a vivenda galega encareceuse por baixo da media estatal, xa que no conxunto de España subiu de prezo un 6,47% en maio, ata os 2.053 euros o metro cadrado. Por provincias, Pontevedra foi rexistrouna un maior incremento, subindo un 7,55%, ata os 1.601 euros o metro cadrado. Pola súa banda, na Coruña só creceu un 0,07%, ata 1.378 euros, mentres que en Lugo o incremento foi do 2,18%, con 910 euros, e en Ourense, do 0,74%, ata 951 euros o metro cadrado.
DATOS ESPAÑA
A nivel estatal, a vivenda de segunda man en España encareceuse un 6,47% en maio respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata os 2.053 euros o metro cadrado, sempre segundo o informe de pisos.com,
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.