Cando Feijóo fixou as eleccións en pleno verán e era boa época

Agora di que Sánchez busca co adianto electoral "unha baixa participación". Rueda xustifica que as eleccións galegas do 2020 foi unha data "sustitutiva".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2023 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

Por que valía poñer unhas eleccións galegas en pleno verán do 2020 e non valen poñelas no verán de 2023?. O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, fixaba o 12 de xullo de hai tres anos as eleccións galegas e ningún partido galego puxo impedimento, nin protestou polas datas estivais. Pero, agora, tres anos despois, Feijóo critica duramente a Pedro Sánchez por este adianto electoral en "plena época estival".

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press

Por iso, animou aos seus a ir a votar e, especialmente, a depositar o seu voto por correo se xa teñen as vacacións marcadas. Un argumento que este mesmo xoves utilizaba o seu sucesor na Xunta, Alfonso Rueda. "O PSOE dedicase a meter un medo absurdo en lugar de pensar xa nunha campaña intensa e ben feita para facilitar o voto por correo", dicía en alusión á data escollida para acudir ás urnas.

O presidente galego, tal e como fixo Rueda, afeoulle a Sánchez a convocatoria en pleno verán e nunha ponte, dado que o 25 de xullo é festivo en distintas autonomías, entre elas, a galega: "É outra mostra máis do espírituo co que o Partido Socialista afronta estas eleccións".

XUSTIFICACIÓN DA PANDEMIA

Así, a preguntas do GC sobre por que o entón presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, puxo as últimas autonómicas o 12 de xullo de 2020, Alfonso Rueda instou a facer "un pouco de memoria", porque aquela data foi "sustitutiva" dunha primeira convocatoria que estaba fixada para o 5 de abril e que se tivo que aprazar polo confinamento da pandemia da covid.

"Non foi unha decisión inicial. Houbo eleccións cando as condicións sanitarias permitiron facelas con seguridade", reiterou, para seguidamente recalcar que a intención de Sánchez, en cambio, é que "canta menos xente participe, mellor para el".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta