Prisión provisional sen fianza para o detido por asaltar unha vivenda en Ordes e disparar ao propietario

Non se teme pola vida do ferido

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2023 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 de Ordes decretou o ingreso en prisión provisional sen fianza para o home detido o pasado mércores por asaltar de madrugada unha vivenda e disparar ao propietario.

O individuo figura como investigado por un intento de homicidio, roubo con violencia e intimidación, violación de morada e tenencia ílicita de armas, segundo trasladou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia este venres.

O asalto tivo lugar pasadas as 4,00 horas da madrugada do pasado mércores nunha vivenda da parroquia de Buscás, cando o agora detido entrou nunha propiedade coa intención de roubar.

Ao escoitar ruídos, saíu o propietario da leira e encarouse ao presunto ladrón, que lle disparou no abdome. Posteriormente, deuse á fuga, aínda que foi detido e permanece baixo custodia da Garda Civil. Pola súa banda, o home ferido foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago e non se teme pola súa vida.

Axente da Garda Civil
Axente da Garda Civil | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta