A creación de empresas cae un 9% en Galicia en maio

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2023 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a constitución de 329 sociedades mercantís en maio de 2023, o que supón un 8,9% menos que no mesmo mes de 2022, segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este luns.

No entanto, este número de empresas creadas son 27 máis que en abril. O capital medio subscrito foi de 14.294,65 euros. Como habitualmente, as provincias de Pontevedra (o 42,25% do total) e A Coruña (35,87%) son as de maior número de creación de empresas. A máis distancia están Lugo (12,165) e Ourense (9,73%).

A inmensa maioría de constitucións foi de SL, un total de 321 de 329. Só houbo unha SA e sete doutra tipoloxía. O 22,2% das creadas foi na rama de comercio, seguida por hostalaría (18,2%). Ademais, o 73% das compañías só contan cun socio fundador e o 24,3% ten dous.

AMPLIACIÓNS E DISOLUCIÓNS

Pola súa banda, houbo 88 compañías que ampliaron capital social, por valor de 28,6 millóns de euros. Aquí prodúcese unha diminución de 13 respecto da mesma cifra dun ano antes.

Mentres, disolvéronse 87 empresas galegas en maio. Son 14 menos que un ano antes, pero cinco máis que no mes de abril. Finalmente, houbo un procedemento de fusión de sociedades e un de escisión. Así mesmo, 16 reduciron o seu capital social.

As empresas galegas superan a media estatal en utilización de tecnoloxías innovadoras como a Intelixencia Artificial
As empresas galegas superan a media estatal en utilización de tecnoloxías innovadoras como a Intelixencia Artificial | Fonte: ANA VARELA - Arquivo - EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta