A maioría feminina marca o cartel do VII Simposium Monte Pindo

Nesta edición fíxose un percorrido polas obras escritas polo Pai Sarmiento na súa mítica Viaxe a Galicia de 1745, ata as novas mostras de literatura dos nosos tempos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/06/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O VII Simposium Monte Pindo centrouse este ano na lieratura, máis especificamente nas obras comprendidas dende Pai Sarmieto ata as actuais. A presentación correu a cargo do presidente Xil Caamaño, e a mañá centrouse na literatura tradicional e a tarde nas novas expresións literarias todas elas e eles presentados por Merche Díaz, e por primeira vez, con maioría feminina no cartel.

VII Simposium Monte Pindo
VII Simposium Monte Pindo | Fonte: Asociación Monte Pindo Parque Natural

Dentro dos autores encóntrase Juan Ramón Vidal Romaní e a súa lito-literatura, María Esther Barreiro Fernández que continua o legado de Barreiro Barral, Francisco X. Fernández Naval falando da cronoloxía literaria do Olimpo Celta, Guadalupe Vázquez Formoso ca súa literatura infantil feita cos pes na terra e Laura Suárez que realiza banda deseñada.

Ademáis a edición contou, coma sempre, cun coloquio final para que o público asistente fixo as preguntas que quixo e compartiu as súas reflexións. Finalmente, a Asociación recorda que xa están a traballar no próximo Simposium que terá lugar en outubro e tratará o tema dos incendios coincidindo co décimo aniversario do incendio que arrasou o Monte Pindo e a contorna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta