Denuncian un veciño de Arbo como presunto autor de 4 incendios no municipio

O home, de 30 anos, presentaba antecedentes penais.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 05/06/2023 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

A Garda Civil identificou a un veciño de Arbo, de 30 anos de idade e con antecedentes penais, como suposto autor de catro incendios forestais neste municipio, rexistrados entre febreiro e marzo deste ano. Segundo informaron fontes da Comandancia de Pontevedra, os axentes intensificaron a vixilancia en zonas de monte deste termo municipal, debido a que o pasado ano sufriran "unha actividade incendiaria reseñable".

No marco desta vixilancia, identificouse plenamente ao autor dun dos lumes, ao que logo se lle atribuíron outro tres incendios, ao coincidir zona, motivación e modus operandi. A investigación foi levada a cabo por efectivos do Seprona de Ponteareas, Garda Civil de Arbo e pola Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta de Galicia. O veciño identificado e denunciado como suposto autor dos feitos ten antecedentes policiais e penais. As dilixencias serán postas a disposición do xulgado de garda de Ponteareas.

Labores de extinción dun incendio en Arbo (Pontevedra).. GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA
Labores de extinción dun incendio en Arbo (Pontevedra).. GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta