Últimos días para a presentación de traballos para a Bolsa Nacho Mirás para xornalistas noveis

Poderán concorrer a esta convocatoria titulados no últimos cinco anos en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, con proxectos inéditos e sen ningún outro tipo de financiamento nin privada nin pública.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2023 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

O prazo para presentar traballos á oitava bolsa 'Nacho Mirás' para xornalistas noveis, que organiza o Colexio profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, conclúe o vindeiro xoves 15 de xuño. Así o lembraron os seus promotores, que tamén destacaron que a bolsa ten unha dotación de 6.000 euros, destinada a promover proxectos xornalísticos de mozos recentemente titulados en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual.

Poderán concorrer a esta convocatoria titulados no últimos cinco anos (2023, 2022, 2021, 2020 ou 2019) en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, con proxectos inéditos e sen ningún outro tipo de financiamento nin privada nin pública. As propostas poden ser de traballos xornalísticos de calquera xénero, iniciativas para un novo medio ou proxectos que teñan como finalidade a información e a comunicación. A bolsa ten unha dotación de 6.000 euros, que poderá ser dividida se o xurado así o considera.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta