Os produtores galegos cobraron cinco céntimos menos polo litro de leite en abril

A cifra galega está case tres céntimos por baixo da media española (56 céntimos).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2023 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

Os produtores galegos cobraron de media 53,3 céntimos por litro de leite en abril, o que supón unha forte caída de máis de cinco céntimos respecto ao mes anterior (eran 58,8 céntimos en marzo). Segundo datos do Ministerio de Agricultura, Galicia mantense á cola de comunidades en prezo, só por encima de Murcia (52,6 céntimos).

A cifra galega está case tres céntimos por baixo da media española (56 céntimos). No outro extremo, Asturias está na cabeza na España peninsular (60,7 céntimos). Os gandeiros con entregas en Galicia seguen en descenso e quedan en 5.892 en marzo, 25 menos que o mes anterior, nun 2023 no que se se baixou da barreira de 6.000 produtores galegos.

A produción de leite tamén se contrae no cuarto mes do ano, cun total de 256.568 toneladas, unhas 4.000 toneladas menos que en marzo. No entanto, as entregas de leite cru ecolóxica van á alza en Galicia, pois xa hai 2.803 produtores, uns 215 máis que un mes antes (aínda que a cantidade só supón pouco máis de 2.000 toneladas).

Varias vacas leiteiras pastorean nunha granxa. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Varias vacas leiteiras pastorean nunha granxa. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta