Abre o prazo de solicitude do 'Bono Enerxía Peme' para a mellora enerxética de establecementos

O prazo de solicitude estará aberto ata o 29 de xuño.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2023 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

O 'Bono Enerxía Peme' destinado á mellora enerxética das instalacións de autónomos e pequenas e medianas empresas do sector servizos mantén aberto o seu prazo de solicitude ata o 29 de xuño. Así o lembrou este luns o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Nautrais, Pablo Fernández Vila, que visitou unha das empresas beneficiases do programa.

Esta convocatoria conta cun orzamento de 4,2 millóns de euros e ofrece apoios para a mellora da envolvente mediante elementos de control solar como toldos de cor branca ou negro; iluminación, coa renovación de equipos que utilicen tecnoloxía led; ou a eficiencia enerxética en instalacións eléctricas ou equipamentos. Ademais, este ano súmanse as axudas para o asesoramento enerxético.

Estas axudas de concorrencia non competitiva contan cunha intensidade do 80% do custo elegible da actuación. Con carácter xeral, a axuda máxima é de 6.000 euros por solicitude, segundo informou o Executivo galego nun comunicado. Ademais, os solicitantes poderán acceder a un anticipo de ata o 50% sen ter que presentar avais.

O diretor xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, na visita a unha das empresas beneficiarias do programa.. XUNTA
O diretor xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, na visita a unha das empresas beneficiarias do programa.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta