A produción industrial sobe unha décima en Galicia nun mes de abril de caídas xeneralizadas

Galicia acumula a maior subida entre comunidades no primeiro cuadrimestre

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2023 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) elevouse un 0,1% en Galicia en abril respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este martes.

Galicia é unha das dúas comunidades con aumentos, só por detrás de Canarias (2,4%). Comunidade Valencia queda no 0% e resto de autonomías descenden, coa Rioxa (-11,5%), Aragón (-9,2%) e Estremadura (-8,6%) cos peores datos.

No que vai de ano, entre xaneiro e abril, a comunidade galega rexistra o maior aumento acumulado da produción industrial (7,2%), moi por encima da media española (0,7%). A seguinte é Canarias (6,1%). Os peores datos compútanse en Murcia (-9,5%).

DATOS ESTATAIS

O IPI baixou un 4% interanual o pasado mes de abril en España, taxa 9,4 puntos inferior á de marzo e o seu maior retroceso desde xaneiro de 2021, segundo informou o INE. Coa caída de abril, a produción industrial retorna a taxas interanuais negativas despois de rexistrar en marzo un aumento do 5,4%.

A produción da industria de bens de consumo duradeiro foi a que máis baixou no cuarto mes do ano, cun descenso interanual do 9,9%. Séguenlles os bens intermedios (-6,5%); os bens de consumo non duradeiro (-4,6%); a enerxía (-2,1%), e os bens de equipo (-0,6%).

A planta viguesa do Grupo PSA retomou a produción esta semana. GRUPO PSA - Arquivo
A planta viguesa do Grupo PSA retomou a produción esta semana. GRUPO PSA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta