Temas: IMAXE

Obxectivo: Christian Escuredo

Christian Escuredo é un deses talentos que emigrou de Galicia cara a Madrid, e non deixa de sorprendernos coa súa versatilidade e profesionalidade ante a cámara. Os seus primeiros pasos os deu na Televisión de Galicia e agora protagoniza o musical "Priscilla, Reina del Desierto" no teatro Nuevo Alcalá de Madrid cun éxito rotundo. Quixemos quedar con el no glamuroso Hotel Eric Vökel para que nos contase un pouco a súa perspectiva deste mundo e como o está a vivir.

Por Sue Rainbow | Madrid | 19/03/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Christian Escuredo / Foto: www.suerainbow.es

Canto tempo tardades en arranxarvos para saír ao escenario no espectáculo de Priscilla?

Adoitamos ir ao teatro 90 minutos para quentar, maquillarnos e microfonarnos...

Resúltache sinxelo moverte con esas plataformas tremendas? Porque para moitas mulleres, creme que é misión imposible...

Enténdote perfectamente! Agora xa estou familiarizado, pero foi duro adestrarse con plataformas e tacóns, sobre todo introducir estes elementos nas coreografías...

Actuar como protagonista nun musical de éxito é un sono feito realidade, e agora, que proxectos tes en mente para o 2015?

De momento gozar con esta produción, que apenas levamos 4 meses... Aínda que non podo negar as ganas de volver traballar diante da cámara.

552139_396151673825712_999837618_n

Foto: www.suerainbow.es

Con que director de cine che gustaría traballar e que personaxe che gustaría interpretar?

Puf! Hai un montón de cineastas! Postos a soñar, encantaríame traballar con Haneke, Tom Solodz, Scorsese, Iñárritu, Burton... me gustan os directores con ganas de contar boas historias e boa intuición para dirixir aos seus actores, como o fixeron Jorge Algorae Simón Casal, e cos que me encantaría repetir.

Creo que o mellor papel sempre está por chegar. Calquera personaxe que constrúo me dá a posibilidade de descubrir e aprender algo novo, do mesmo xeito que eu lles ofrezo algo da miña biografía. Pero mentiríache se non che digo que me interesan sobre todo eses que se afastan da miña personalidade e da miña forma física.

Es actor do método, ou pola contra volves ser ti cando colgas o personaxe na percha do escenario?

Son un actor con "métodos" que colgan o personaxe na percha do escenario cando baixa o pano.

Que opinión tes do método?

Creo que o "método" ao que te refires sufriu moitas interpretacións ao longo da historia, algunhas delas con moi mala prensa, por iso creáronse moitos prexuízos acerca deste.

De todos os xeitos, hai moitos métodos e técnicas de interpretación, todas elas moi válidas e dispoñibles para que cada actor ou actriz as use con liberdade segundo lle conveña.

552139_396151673825712_999837618_n

Christian Escuredo / Foto: www.suerainbow.es

Actuar, mesmo aínda que non te estean a gravar, a todas as horas, ser o personaxe... cres que é san?

Referíndonos á profesión do actor, creo que o lugar que lle corresponde ao personaxe é o escenario e/ou a sala de ensaio.

Pero actuar vai máis alá de calquera escena ou secuencia. Penso que todos temos moitos personaxes dentro de nós mesmos que necesitan saír á superficie, personaxes que desexan manifestarse e actuar cando menos te o esperas. O mellor de todo isto é recoñecelos, e decatarse de como te modifican, aceptalos e ser consciente deles para que non afecten quen realmente es. Trátase diso, de ser consciente, sexas actor de teatro, de cine, de televisión, ou da vida mesma.

Como te ves a ti mesmo en 5 anos?

Espero que con boa saúde, feliz, máis maduro e traballando coa mesma ilusión e entusiasmo como ata agora...

O teu sempre foi cantar, para cando un novo disco como solista?

É verdade, os meus comezos foron como cantante. Despois de mover dous discos e aparcar o mundo discográfico, comecei a estudar arte dramática e a desenvolver a miña carreira polo camiño da interpretación. Nestes momentos creo que ten que contar máis como actor que como cantante solista.

Se non tiveses sido artista, a que te estarías a dedicar?

Creo que sería psicólogo, ou profesor. Gústame moito a docencia, e en canto podo organizo algún que outro curso de interpretación ou de movemento expresivo.

O teu plan perfecto para un fin de semana en Galicia é...

Reunirme nunha aldea de Valdeorras cos que máis quero: a miña familia e os meus amigos de toda a vida. Charlas, risas, comida rica e bo viño. Planazo!

Cal é a maior loucura que fixeches na túa vida?

Percorrer máis de 11.000 km para facer un casting...

A que dedicas o teu tempo libre?

Nestes momentos, ao estar en Priscilla interpretando a Felicia, dedico o pouco tempo libre que teño a descansar, e á vez a adestrar cunha rutina case diaria. Aínda que sempre intento sacar tempo para ir ao teatro ou ao cine, ler un libro ou tomar un café con algún amigo.

Christian Escuredo – Cantante e actor www.christianescuredo.com

@chescuredo (twitter/instagram) 

Fotos e entrevista por www.suerainbow.es

Agradecimientos www.ericvokel.com

Temas: IMAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta