A CIG e o BNG denuncian o sistema "capitalista e patriarcal" que provoca desigualdades de xénero no traballo

Delegados sindicais da CIG protestan polos incumprimentos en materia de igualdade e a "inacción" de Inspección.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/06/2023 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

Decenas de delegados sindicais da Confederación Intersindical Galega (CIG) protestaron este mércores en Vigo polos incumprimentos das empresas en materia de igualdade e pola "inacción" de Inspección de Traballo ante estes feitos.

Precisamente a concentración levouse a cabo diante das instalacións de Inspección para reclamar "unha verdadeira acción" da autoridade laboral competente ante as "numerosas denuncias" presentadas polo sindicato por incumprimentos de empresas en materia de igualdade e "discriminación salarial" que padecen as traballadoras.

A CIG lembrou que leva anos denunciado este tipo de desigualdades de xénero no traballo. "Somos conscientes de que se trata dunha inxustiza estrutural que vén determinada por un sistema capitalista e patriarcal responsable da división sexual do traballo que a sociedade acepta como natural", criticaron desde o sindicado.

Segundo a CIG, aludindo a datos da Axencia Tributaria, a brecha salarial en Galicia situouse no 18,6% en 2021. "Por tanto, as traballadoras galegas recibimos de media polo noso traballo 4.238 euros anuais menos que os nosos compañeiros", lamentaron.

Na concentración, á que acudiron representantes do BNG como o portavoz local, Xabier Pérez Igrexas, púxose o foco nos sectores máis feminizados, onde a brecha salarial aumenta ata o 30%, con ingresos medios que apenas superan a metade do salario mínimo interprofesional.

Delegados sindicais da CIG protestan polos incumprimentos en materia de igualdade e a 'inacción' de Inspección.. CIG
Delegados sindicais da CIG protestan polos incumprimentos en materia de igualdade e a 'inacción' de Inspección.. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta