Feijóo moi "tranquilo” sobre os contratos da Xunta con Monbús

Di que non lembra se tivo xuntanzas co empresario arrestado, Raúl López. "Eu penso que non tiven ningunha", asegura.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 19/03/2015 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

“Hai unha tranquilidade absoluta da Xunta cos contratos que temos con esa –Monbús-- e outras empresas”, dixo o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ao ser preguntado pola detención, este xoves, do empresario e presidente de Monbús e do Obradoiro, Raúl López, por delitos contra a facenda pública, branqueo de capitais, falsidade, delito contable, tráfico de influencias e suborno.

Feijóo e Raúl López antes dun encontro do Obradoiro
Feijóo e Raúl López antes dun encontro do Obradoiro

Así, manifestou que non ten ningunha información ao respecto, “ni tampouco lle corresponde” tela e amosouse moi tranquilo dos contratos que o seu goberno poida ter con esta empresa de transportes porque, dixo, están fiscalizados pola Asesoría Xurídica.

Tamén se lle preguntou a Feijóo sobre as reunión oficiais mantivo co empresario lucense desde que é presidente e cal foi o seu contido. “Non podo dicilo con exactitude porque igual me equivoco. Pero eu penso que non tiven ningunha, igual una. Non sei, ignóroo", suliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xan

Certo namentras o pais morre paseniño unha magoa