Margarita Martín e Villarino encabezan as listas do PSOE en Ourense para Congreso e Senado

As candidaturas terán que aprobadas pola comisión federal de listas o día 9 e referendadas polo comité federal do día 10.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/06/2023 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

O comité provincial do PSOE de Ourense ratificou este mércores por unanimidade as propostas de candidaturas para os procesos electorais que se celebrarán o próximo 23 de xullo e que encabezan a que foi tenente de alcalde de Ourense durante o mandato de Francisco Rodríguez, Margarita Martín, ao Congreso, e o secretario provincial Rafael Rodríguez Villarino, ao Senado.

Na reunión, celebrada en Coles a última hora da tarde, o comité acordou a aprobación unánime da proposta de candidaturas presentada pola Executiva provincial para o Congreso e Senado, "respectando as propostas recibidas das diferentes asembleas municipais". Agora terán que ser aprobadas pola comisión federal de listas o día 9 e referendadas polo comité federal do día 10.

En concreto, a candidatura ao Congreso está encabezada por Margarita Martín, quen é próxima a Francisco Rodríguez; e figuran como número dous e tres os actuais deputados Adolfo Pérez Abellás e Uxía Tizón, quen son afíns ao secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino. En cuarto lugar sitúase Borja Fernández López e, en quinto a exdeputada autonómica Noela Blanco. Célso Nóvoa ocupa o sexto posto, Rosa Martínez o sétimo e Miguel Ángel Ojea o oitavo.

Pola súa banda, a lista ao Senado está encabezada polo propio Rafael Rodríguez Villarino, mentres que María Alida Iglesias Gil figura como titular número dous e Luís Gulín Iglesias como tres.

Deste xeito, segundo lembrou o PSOE provincial de Ourense, a partir de agora correspóndelle ás estruturas superiores do partido concretar e aprobar as candidaturas definitivas, mediante un proceso que, para as eleccións xerais do 23 de xullo concluirá o próximo día 10 de xuño coa celebración do comité federal do PSOE, que aprobará as listas para toda España. Con todo, fontes do PSOE provincial aseguraron que non se esperan cambios "porque é unha lista bastante consensuada" e que "respecta bastante o expresado nas asembleas".

O comité provincial do PSOE de Ourense de ratifica as listas ao 23J, que encabezan Margarita Martín e Villarino. PSOE OURENSE
O comité provincial do PSOE de Ourense de ratifica as listas ao 23J, que encabezan Margarita Martín e Villarino. PSOE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta