As vendas de coches de ocasión caen un 1,36% en Galicia mentres soben un 4,3% no estado

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2023 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Galicia contabilizou unhas vendas de 10.452 turismos e furgonetas de ocasión durante o mes de maio, o que supón unha caída do 1,36% en comparación co mesmo mes de 2022, segundo datos publicados este venres pola Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove).

Esta cifra dista da rexistrada a nivel nacional, xa que no total de España a comercialización de coches usados subiu un 4,3% no quinto mes do ano, con 195.902 unidades. No que vai de 2023, en Galicia entregáronse 49.934 coches de segunda man, un 1,3% máis que no mesmo período do exercicio previo.

Por provincias, na Coruña vendéronse 4.139 turismos e furgonetas de ocasción en maio, un 6,26% máis, mentres que en Lugo esta cifra foi de 1.471, un 5,6% máis. Con todo, en Ourense e en Pontevedra rexistráronse descensos do 9,88% e do 1,54%, respectivamente, ata 1.131 e 3.711 unidades.

Imaxe de vehículos de ocasión nunha feira
Imaxe de vehículos de ocasión nunha feira | Fonte: MOTOROCASIÓN VIGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta