Estes son as listas do PSdeG ao Congreso e Senado para o 23X

O comité de listas destaca a renovación do 100% da lista de Pontevedra, cunha media de idade de 60 anos en postos de saída

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/06/2023 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

O Comité Federal do PSOE aprobou este sábado as listas ao Congreso e o Senado para as eleccións do próximo 23 de xullo a pesar do malestar dalgúns baróns territoriais polos cambios introducidos este venres por Ferraz nas candidaturas, como é o caso de Javier Lambán e Emiliano García Page, que non acudiron á reunión, e de Luís Tudanca, que expresaba a súa "indignación" á entrada da sede socialista onde tiveron lugar as votacións.

A aprobación das listas produciuse a man alzada e por unanimidade, segundo informou Ferraz, saíndo adiante así todos os cambios introducidos nas candidaturas pola Comisión Federal de Listas que se reuniu o venres, incluídos os cambios que no caso das candidaturas galegas foron introducidos pola dirección autonómica na provincia de Ourense.

Así as cousas, o ministro de Sanidade, José Miñones, encabezará a lista do PSOE na provincia da Coruña; seguida da exsenadora Obdulia Taboadela; a concelleira nas Pontes Montse García Chavarría (3); o exdiputado Diego Taibo (4); José Domínguez Castro, de Corcubión, como número cinco; a socialista de Trazo Paula Castiñeiras (6); a exsubdelegada do Goberno na Coruña Pilar López-Riobóo como número sete; e o alcalde de Ponteceso en funcións, Lois García Carballido, como número oito.

No caso do Senado, está encabezada polo alcalde de Santiago en funcións, Xosé Sánchez Bugallo, quedando como suplente o exrexidor de Oroso, Manuel Mirás. Completan a candidatura a ferrolá Natividade González Laso, como segunda titular, e Fabián Canosa, de Camariñas, como titular número tres.

Para a provincia de Pontevedra, quedaron confirmadas a lista que encabeza o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, para o Congreso, e a presidenta da Deputación de Pontevedra en funcións, Carmela Silva, ao Senado.

Ademais de Regades, conforman a candidatura, por esta orde, a exsenadora Margarita Adrio; o exsenador Modesto Pose; a exalcaldesa de Silleda Paula Fernández; o rexedor da Cañiza, Luís Piña; a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez; e o exrexidor de Cambados, Samuel Lago.

A candidatura á Cámara Baixa, ten como titulares á presidenta Carmela Silva, o candidato en socialista na Estrada, Luís López Bo, e a alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel. De titular suplente número uno aparece a deputada autonómica Leticia Galego Sanromán.

No informe das listas feito por Ferraz, destácase que a candidatura de Pontevedra para o Congreso presenta unha renovación do 100 por cen dos nomes, tanto nos postos de saída como no conxunto da candidatura, fronte á presentada en 2019, en que se conseguiron tres deputados do sete postos posibles. Son listas cremallera, cun 57 por cento de homes e unha media de idade de algo máis de 60 anos nos postos de saída e de preto de 54 se se ten en conta o conxunto da candidatura.

LUGO, CON BESTEIRO Á FRONTE

Na provincia de Lugo, o delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, encabezará a candidatura para o Congreso, que inclúe como número dous á actual deputada autonómica e exsecretaria xeral do partido na provincia, Patricia Otero. Ademais, no tres figura Eduardo Vidal Baamonde, da comarca da Terra Cha e, no catro, Gloria María Prada Rodríguez, de Lemos.

Pola súa banda, en canto á lista ao Senado, sitúase como titular número uno á Cámara alta o actual senador e antigo colaborador de Pedro Sánchez, César Mogo. O titular número dous é Mariña Ramudo Graña, e o tres, José Fernández Fernández.

OURENSE

Os cambios nas candidaturas galegas transcenderon este venres e foron introducidos pola dirección autonómica, que retocou as listas que saíron do órgano provincial ourensán e situou á exdiputada Noela Branco como número dous e a Alfredo García, alcalde de O Barco, no número tres. Estes dous postos ocupábanos Adolfo Pérez Abellas e Uxía Tizón, actuais deputados e próximos ao secretario provincia, Rafael Rodríguez Villarino e ao que fose secretario xeral do PSdeG e actualmente deputado autonómico, Gonzalo Caballero.

A lista está encabezada pola que fose tenente de alcalde durante o mandato de Francisco Rodríguez na cidade das Burgas, Marga Martín. Tras os mencionados postos dous e tres, no cuart sitúase José Ramón Fernández Morgade.

Con todo, na lista do Senado segue como titular Villarino, pero como titular número dous queda Miguel Bautista Carballo. A persoa que era a titular dúas, María Alida Igrexas, para a ser titular tres.

Cargos do PSOE, entre eles o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, no comité federal  para a aprobación de listas electorais. PSDEG
Cargos do PSOE, entre eles o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, no comité federal para a aprobación de listas electorais. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta