Mozas en suxeitador no programa do PP de Ourense

Os socialistas denuncian a actitude "sexista" e "decadente" dos conservadores por incluíren imaxes de mulleres lixeiras de roupa no seu documento oficial de propostas para as eleccións.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 09/04/2015 | Actualizada ás 21:47

Comparte esta noticia

O candidato do PP á Alcaldía de Ourense presentou onte o seu programa electoral "con ilusión por amosar o noso modelo de cidade". O político salientou que o programa consta de dez grandes bloques no que se encadran 200 medidas "participativas, ambiciosas e, sobre todo, que poidan ser cumpridas. Queremos facer realidades".

Moza nunha imaxe do programa do PP de Ourense
Moza nunha imaxe do programa do PP de Ourense

Con todo, a presentación das propostas conservadores xerou polémica por unha imaxe na sección de mocidade, en concreto na páxina 44, na que se aprecia unha fila de persoas, a maioría mulleres. Varias delas aparecen en sostén e vaqueiros. Hainas tamén en toalla e tacóns, ou con uniformes que parecen de animadora.

Inmediatamente chovéronlle as críticas ao PP de Ourense. "É a idea que o PP ten da diversidade e da xuventude?" preguntouse Laura Seara. Para a deputada do PSdeG a imaxe  é "decadente" e "sexista". Noela Blanco Rodríguez, secretaria provincial de Medio Ambiente dos socialistas en Ourense, denuncia que "eles en suxeitador e totalla, eles en vaqueros" e que a "a campaña dirixida á mocidade do PP de Ourense destila sexismo".

Os conservadores non responderon polo de agora as críticas por usar unhas imaxes que parecen sacadas dun banco de fotografías. 

Mozas e mozo nunha imaxe do programa do PP de Ourense
Mozas e mozo nunha imaxe do programa do PP de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

8 Ceives

Nin no franquismo habia tanta censura. O PSOE vai prohibir o bikini?

7 Arraiano

Eu pensaba que a foto das propostas do PP para a mocidade era a da cola do INEM, ou unha cola para emigrar.

6 Santa Catarina

Para mim esta "denúncia" do PSOE diz mais dos socialistas que dos populares. Como o que oferecem é muito semelhante tenhem que salientar miudezas. Contudo é uno-me às que pedem que se adicionem ao cartaz alguns bons moços mostrando pectorais e "sixpacks".

5 eusi

E logo para que gastou o PP 300.000€ das arcas publicas pagando o video de Nocheidia do fillo pródigo do PP: Julio Iglesias? Agora hai que aproveitalo e poñer as mesmas groopies que saen no video, e se fai falta traer ao meneco para cantar nos mitins da PPaifocada; iso si, pagados cos cartos da Gurtel, das arcas públicas ou de calquera, menos do seu peto, que para iso son mais intelixentes! PP ao PParo

1 bieiras de oitenta

Non van a sacar o vello, en calzons e cunha camiseta macho man eso queda para a nova, o vello e o merendas de teo pensan que con levar unha boina na cabeza xa e de esquerdas.

4 pp = porcos pueblerinescos

casa de pputas, perdon casa de frutas!!! as autenticas fotos de esta xente son os vellos noxentos as saidas e entradas das eirexas, cheiran a un remexo de roupa con mexos e polillas, tentan ocultar o cheiro con friegas de alcool de 90 para desinfectar mellor o de 70 pois a auga penetra mellor no interior da membrana das bacterias, os pepeiros cheiran, cheiran os vellos pepeiros desdes pobos idiotas e malditas, e logo teñen esa sorisa nos beizos os aluados vellos votantes do pepeiro, poboacions miserentas e aldeans do pepeiro do retraso do monogolismo hispano na galiza!