Mozas en suxeitador no programa do PP de Ourense

Os socialistas denuncian a actitude "sexista" e "decadente" dos conservadores por incluíren imaxes de mulleres lixeiras de roupa no seu documento oficial de propostas para as eleccións.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 09/04/2015 | Actualizada ás 21:47

Comparte esta noticia

O candidato do PP á Alcaldía de Ourense presentou onte o seu programa electoral "con ilusión por amosar o noso modelo de cidade". O político salientou que o programa consta de dez grandes bloques no que se encadran 200 medidas "participativas, ambiciosas e, sobre todo, que poidan ser cumpridas. Queremos facer realidades".

Moza nunha imaxe do programa do PP de Ourense
Moza nunha imaxe do programa do PP de Ourense

Con todo, a presentación das propostas conservadores xerou polémica por unha imaxe na sección de mocidade, en concreto na páxina 44, na que se aprecia unha fila de persoas, a maioría mulleres. Varias delas aparecen en sostén e vaqueiros. Hainas tamén en toalla e tacóns, ou con uniformes que parecen de animadora.

Inmediatamente chovéronlle as críticas ao PP de Ourense. "É a idea que o PP ten da diversidade e da xuventude?" preguntouse Laura Seara. Para a deputada do PSdeG a imaxe  é "decadente" e "sexista". Noela Blanco Rodríguez, secretaria provincial de Medio Ambiente dos socialistas en Ourense, denuncia que "eles en suxeitador e totalla, eles en vaqueros" e que a "a campaña dirixida á mocidade do PP de Ourense destila sexismo".

Os conservadores non responderon polo de agora as críticas por usar unhas imaxes que parecen sacadas dun banco de fotografías. 

Mozas e mozo nunha imaxe do programa do PP de Ourense
Mozas e mozo nunha imaxe do programa do PP de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

3 Eu mesmo

Home, quen ten o cu de palla logo lle arde. A foto, no seu conxunto, é simpática e nada máis. Non lle busquemos tres pes ao gato. O importante é a candidatura, como dixo un antes ca min.

2 galegoexiliado

A min mais que o afoto preocuparíame quén vai nas listas. Xa se sabe que cando jobernan os de Chueca sacan fotos rodeados de mozas pa disimular, non sexa que no obispado e en Torreciudad desconfíen. Mais eche o que hai, ou votar ou a Vigo emigrar.

1 Foucellas

O "eloxio da estulticia" de Erasmo é o paradigma moderno da mentalidade da dereita do estado, sexa PP-OPUS DEI, sexa UPyD, sexa Ciudadanos. Pero ademais o PP representa o máis xenuino do "cristofascismo" ibérico, daquel amigo de de Paco o facha, o famoso Millán Astray, que dixo que cando oía a palabra intelixencia a man íballe ao cincho. O PP-OPUS DEI, vivu moi ben roubando ata agora, pero coidado con estes animais vivintes, porque son moi afeccioados ás cunetas. Sigamos destruíndo o pensamento de esquerdas e xa o lamentaremos.

1 Xistral

Aí lle deches: seguramente aínda non perderon os planos das cunetas... e...., se volven facer falta.....

2 ciiinicos

Ben q vos viñeron as cunetas ¿Desde cando moitos personaxiños irrelevantes ían acadar o ascenso social q tiveron d non facer d choromiqueiros e personaxes de telenovela apaixoada para encher o peto? De non haber cunetas a maioría hoxe serían mileuristas se é que non estaban parados. Menos cinismo...