As covas de Valdeorras recollidas nun documental

A obra audiovisual foi realizada pola ruesa Cristina de la Torre, produtora do documental 'Santoalla'.

Por X.M. Fernández | O Barco de Valdeorras | 21/07/2023 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

O documental "As covas de Valdeorras", de 30 minutos de duración, proxectouse no bar Retorno na Rúa o pasado xoves 20 ás 21 horas e despois do mesmo houbo unha unha cata de viño. O proxecto é unha iniciativa da Ruta do Viño de Valdeorras co apoio da Deputación de Ourense para divulgar este patrimonio etnográfico de gran potencial enoturístico.

A Cova da Xabreira. Foto: Antonio Blanco.
A Cova da Xabreira. Foto: Antonio Blanco.

Este venres 21 estreárase en Seadur, ás 20:30 horas, no exterior da Cova da Xabreira e con entrada libre ata completar aforo. Para este pase contan coa colaboración do Concello de Larouco.

A finais do mes de xullo, concretamente o venres 28, será a quenda de Vilamartín de Valdeorras, as 22:30 horas na zona do Bañadoiro.

O spot das covas, presentado tamén xa oficialmente, pódese ver nas redes sociales da Asociación Ruta do Viño.

.

Interior Cova da Xabreira. Foto: Antonio Blanco.
Interior Cova da Xabreira. Foto: Antonio Blanco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta