Hai convenios que non conveñen a todos

Quero supoñer que o que se amosa na foto foi froito dun Convenio Urbanístico asinado polos propietarios da tradicional "Casa da Cachumbola" (situada na Praia da Concha de Vilagarcía) e o propio Concello de Vilagarcía de Arousa, para poder edificar chalés na leira da edificación protexida por patrimonio.

Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 18/04/2015

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Non está mal que se fagan estes convenios, pero o que non é de recibo é que se chegue aos estremos que se poden observar: Mantense a Casa da Cachumbola, rehabilítase, pero os chalés que se construiron, coa avaricia da especulación, achéganse perigosamente á edificación protexida, de tal xeito que a súa fachada sur xa nin sequera se pode ver. É máis, dende esa fachada da casa principal, cando no pasado tería vistas sobre a praia e, quizáis, sobre a propia cidade, na actualidade (a apenas dous metros) vese o paredón cego do último chalé.

Son cousas da especulación inmobiliaria, da avaricia dos propietarios, da desidia dos gobernos, da falta de conciencia polo patrimonio. En realidade, sobre o último chalé, esa sería a solución: eliminar un adosado.


Carlos Coto

Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.

Máis artigos de Carlos Coto aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos Coto Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente diretor da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto. Facebook