Dous millóns de euros de multas a NCG Banco polas preferentes

A administración considera que a sucesora das caixas galegas non informou acaídamente aos seus clientes ao venderlles estes produtos híbridos sen teren formación.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 18/04/2015 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Máis de dous millóns de euros, en concreto 2,05 millóns. Isto é o que terá que pagar Abanca, polA fraude na comercialización das preferentes por parte da súa predecesora, Novacaixa Galicia. Así figura nunha resolución da Comisión Nacional do Mercado de Valore.

José Luis Pego, ex-director de NCG, felicitado pola daquela Conselleira de Facenda
José Luis Pego, ex-director de NCG, felicitado pola daquela Conselleira de Facenda

A sucesora das antigas caixas recibe varias sancións segundo explica este sábado o Boletín Oficial do Estado. Unha sanción "moi grave" por "non xestionar acaidamente" os conflitos de intereses ao comercializar débeda subordinada.

Outra por vender produtos híbridos "sen advertir adecuadamente" aos contratantes que non estaban cualificados para detectar que "as operacións eran non convenientes ou non avaliadas". Ademais NGB non logrou  demostrar que facilitou información adecuada a estas persoas.

En xeral, estas son as mesmas razóns polas que os afectados que levaron o asunto á Xustiza gañaron en primeira instancia na maioría dos casos. Tamén é o motivo polo que Abanca aceptou devolver o diñeiro a moitos investidores nos procesos de conciliación.

Banesco, o grupo venezolano dono de Abanca tras a súa nacionalización e posterior venta, non valorou polo de agora a decisión da CNMV, coa que terá que apandar na súa condición de sucesor legal de Novagalicia Banco.

Gayoso, segundo pola esquerda, con Feijóo e os outros directivos das caixas celebrando a fusión pola que se creou Novacaixa Galicia.
Gayoso, segundo pola esquerda, con Feijóo e os outros directivos das caixas celebrando a fusión pola que se creou Novacaixa Galicia.

A comercialización das preferentes está a ser xulgada tamén en varios xuízos colectivos, promovidos por asociacións de usuarios como ADICAE. No país, o Banco de España estimou en máis de 1.800 os millóns investidos nestes produtos, comercializados a uns 116.000 titulares, a maioría clientes das antigas caixas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta