Amancio Ortega sempre contracorrente

En xaneiro de 2011 Amancio Ortega anunciaba aos seus traballadores a través dunha carta que abandonaba a presidencia do grupo Inditex. Aos seus 75 anos, moitos poderían supoñer que era o momento de descansar e gozar da inimaxinable e admirable estabilidade económica de ser o cuarto home máis rico do mundo. Non obstante, para unha persoa coa ambición suficiente de empezar cunha simple tenda na Coruña a chegar convertela nun imperio, simplemente era o momento de darlle paso a outra etapa da súa vida: a do axente inmobiliario.

Por Elisa Durán Rubí | Barcelona | 05/05/2015

Comparte esta noticia
Naquel momento, España tiña unhas perspectivas moi negativas respecto ao mercado inmobiliario. Tras o estalido da burbulla inmobiliaria, a cal dera tantas alegrías durante os anos de bonanza, no 2011 aínda continuaba facendo estragos a unha economía que durante anos tivera como principal sustento o ladrillo. Moitos outros factores tamén agravaron de forma máis persistente o declive inmobiliario como foi a diminución da poboación debido á emigración e a caída da natalidade. Pero, sobre todo, o factor fundamental para ver o fin da era de dourada do ladrillo foi encararse contra o descomunal e coñecido aumento do desemprego. No 2011 entrábase nunha etapa denominada de "economía de prudencia", onde os cidadáns se pensan moito máis as cousas antes de decidirse por grandes investimentos inmobiliarios, dende unha casa a unha oficina.
 
Non obstante, camiñando unha vez máis contracorrente, Amancio Ortega aproveitou o seu aínda latente potencial nos negocios para centrarse no seu proxecto inmobiliario - Pontegadea - 10 anos despois da súa constitución. Mentres a maioría de construtoras no 2013 aínda estaban loitando por manterse no mercado, o investimento de Amancio Ortega no ladrillo alcanzaba rendibilidades cun crecemento do 32% converténdoo nun dos principais imperios do país; outra vez na historia pero noutro sector .
 
Mediante a adquisición de rendas vixentes, a actividade de Pontegadea baséase na compra dende edificios na península Ibérica como por todo o mercado internacional para o seu posterior aluguer. Os edificios de oficinas, os hoteis e os locais comerciais teñen como característica común que están situados nas zonas máis valiosas das cidades. Entre os devanditos inmobles encontramos oficinas emblemáticas como a Torre Picasso de Madrid ou fieis arrendatarios do talle de Apple en localizacións como Barcelona, Valencia e París. Non obstante, na súa maioría os edificios están ocupados por tendas de Zara, a pesar de que Pontegadea e Inditex operen de forma totalmente independente.
 
Deste modo Amancio Ortega chega a convertirse tamén no caseiro por todo o mundo da súa propia competencia. Este mes abril os medios de comunicación informábannos que Amancio Ortegaconseguiu coroarse en Oxford Street (céntrica rúa londinense) despois de conseguir o edificio da tenda de Primark, a máis simbólica de Reino Unido, e tendo  xa catro máis no seu poder na mesma situación. Previamente xa comprara un edificio situado na Gran Vía de Madrid que actualmente está rehabilitando para asentar a tenda máis grande de Primark en España e xa alberga tendas de empresas coas que compite directamente Zara, como H&M e Mango. Tamén se achega á alta costura tendo como inquilino a Ralph Lauren nos seus edificios de París e Chicago. De este modo obsérvase a súa indiferenza a que os seus inquilinos sexan a competencia do negocio téxtil de Inditex, do cal aínda posúe hoxe en día o 59,29%; dándolle importancia só a que sexan prósperos comercios que paguen os elevados alugueres que xestiona.
 
Pero non todo foi beneficiarse da súa fortuna dende o principio. Pontegadea acumulou perdas durante os primeiros anos, pero pasada a fase de despegue, e tras unha ampliación de capital, a sociedade lanzouse á compra de inmobles. Tras o estalido da burbulla inmobiliaria, Ortega apostou polo investimento en capital risco, o cal abandonou dous anos máis tarde, e en 2009, logrou que Pontegadea Inmobiliaria se convertese na primeira empresa do sector por beneficios, -aínda que no momento se tivese debido posiblemente máis a operacións financeiras que estritamente inmobilarias-.
 
Ademais, a pesar da súa acumulada fortuna e á ostentosidade que iso poida representar para apostar por negocios de tal risco, de forma consecuente á situación de crise que se está a vivir, parte dos poucos beneficios que tiña nesta época respecto aos que chegou a ter, invertíaos en axudar a modernizar e informatizar escolas no pobo onde se encontra a súa sede central (Arteixo, Galicia) e a facer considerables doazóns a centros para persoas necesitadas ou de terceira idade. No mesmo ano que empeza o seu despregamento no sector inmobiliario, desenvolve de forma máis intensa a súa Fundación Amancio Ortega con diferentes proxectos de obxecto social para o desenvolvemento humano mediante a educación e asistencia social.
 
En conclusión, podemos extraer que Amancio Ortega soubo ver unha vez máis oportunidade de negocio, e desa forma axudar á sociedade, nun sector e nun momento que todo o mundo o abandonaba de forma extraordinaria. Sen carreira ningunha de economía, Amancio soubo ver que o mercado inmobiliario español encontrase nun punto de inflexión despois dunha tendencia de debilitamento dende o ano 2007 pero cunha previsible tendencia de sostemento de prezos, previa a unha paulatina futura recuperación dos mesmos no medio e longo prazo. Está claro que, como distinguido visionario, Amancio Ortega seguiu as indicacións de André Kostolany que todo estudante de economía ou finanzas aprende na súa primeira clase: "Compre cando todos vendan e venda canto todos compren".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Elisa Durán Rubí Elisa Durán Rubí, nada en Cambados en 1994, é unha moza estudante de Economía na Universidade Pompeu Fabra en Barcelona e estudiante de Ciencias Políticas e da Administración na Universidade a Distancia Española.