Un galego, mellor profesor de Historia do Estado de Nova York

Anxo Brea, de Esteiro, está como finalista ao premio como mellor profesor dos Estados Unidos.

Por Galicia Confidencial | Nova York | 05/05/2015 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

Ensínalle aos nenos a contar en galego, a coñecer a cultura celta ou a situar a Galicia no mapa. É un dos mellores embaixadores da nosa cultura no exterior sen ocupar un alto cargo, nin gastar millóns de euros en promoción como fan algunhas administracións. Chámase Anxo Brea e é un profesor de Historia en Nova York.

Anxo Brea, mellor profesor de Historia do Estado de Nova York, ensínalle galego aos seus alumnos
Anxo Brea, mellor profesor de Historia do Estado de Nova York, ensínalle galego aos seus alumnos

Este galego de Esteiro non é un mestre calquera, é o mellor profesor de Historia de todo este estado e un dos finalistas ao mellor profesor dos Estados Unidos. “Se fala dun país concreto pois leva os rapaces ao parque para que xoguen a un deporte dese país ou trae comida dese país”, apunta á TVG Brian Levy de Vale, o director do Colexio Publico 257 de Brooklyn, onde Brea imparte aulas.

De feito, Brea recolle todos os recursos ao seu alcance para transformalos en coñecemento para os cativos. “O bo deste premio é que te motiva a seguir ensinando e aprendendo”, di este mestre. Por iso, os seus alumnos teñen claro cal é a súa materia preferida; “History”, din todos ao unísono.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 marite

Maravilloso ! Tiene que ganar

2 GZ ceibe

Seica a Coz non di nada desto, ah, claro porque eles gostan de falar de gayegos cipaios, non dos que falan dunha GZ celta, ou dunha GZ lusófona. Parabéns Mr Brea, e GALIZA SEMPRE CEIBE

1 eusi

Xa estás na lista negra da PPodremia