Chantada non é Manhattan

A foto de típica obra de ladrillo e cemento paralizada pola morte do sector inmobiliario, cun guindastre no que as aves fixeron o seu niño pola tranquilidade e paz que obteñen nas alturas. É unha obra de Chantada, pero podería ser de Silleda, A Estrada, Salvaterra ou Vimianzo, que nos permite facer unha reflexión urbanística e demográfica en tempos de calma.

Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 16/05/2015

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

 

¿É necesario que localidades como Chantada, con 4.413 habitantes, con unha superficie de 176 millóns de metros cadrados, teña edificios de sete plantas?

Pódese entender que en cidades como Vigo, Ourense ou Ferrol haxa edificios desa altura, pero en localidades rurais como as que mencionei e como outras 500 do noso País non é lóxico construir en altura. Teñamos sentidiño, como tradicionalmente se chamou ao "sentido común galego", non nos deixemos levar por paranoias especulativas e non permitamos máis estas cousas.

Total, pasarán varios anos ata que esa fachada estea rematada e pintada. Esa non é a paisaxe que queremos para Galicia.


Carlos Coto

Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.

Máis artigos de Carlos Coto aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos Coto Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente diretor da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto. Facebook