Galicia segue sen saber se terá adianto electoral

Rueda contesta cun: "En Galicia seguimos gobernando".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2023 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou este xoves que a súa intención, fronte á "parálise" do Executivo central, é a de "seguir gobernando". Ademais, apuntou que ten proxectos que desexaría sacar adiante e que prevé "executar".

En declaracións aos medios tras presidir a reunión semanal do seu Executivo, rexeitou dicir que "si" ou que "non" vai anticipar as galegas que tocan o verán próximo, ao entender que é mellor reafirmar a súa postura por outra vía: "Estamos agora planificando o que queremos facer, vai haber un Debate sobre o Estado da Autonomía e facendo uns orzamentos que presentaremos".

"Fronte á parálise estatal, en Galicia gobérnase e ímolo a seguir facendo", proclamou o tamén líder do PPdeG. A "mellor conclusión" á pregunta formulada, agregou, é que o seu Executivo "goberna" que é "o que a xente pide". "E que temos proxectos por diante que queremos executar", resolveu.

Urna cunha chea de papeletas de votación
Urna cunha chea de papeletas de votación | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eulacio

Pode que as poña o 17 de decembro . Adiaron para febreiro unhas oposicións multitudinarias do Sergas que tiñan previsto hai tempo nesa fin de semana en Silleda sen dar ningunha explicación.