Xornalistas, investigadores e organizacións sociais no encontro "Cidadanía e Educomunicación"

Celebrarase o luns 25 e o martes 26 na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC organizado polo proxecto Cidadanía e Educomunicación (CIDEC), que desenvolven cinco grupos de investigación galegos, dentro da Rede Europa-América Latina de Comunicación e Desenvolvemento (Real_Code).

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/05/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O primeiro encontro ‘Cidadanía e Educomunicación: cara unha comunicación non excluínte’ xirará arredor dos grupos sociais máis vulnerabilizados da sociedade actual e fomentará a posta en marcha dunha comunicación que permita a inclusión destes grupos. 

Xosé Pereira, vicereitor de Comunicación da USC
Xosé Pereira, vicereitor de Comunicación da USC

Coa asistencia de investigadores, xornalistas, organizacións e activistas sociais, o encontro proporá que universidades, medios de comunicación e organizacións compartan nun único espazo as súas experiencias, colaboren e atopen puntos de encontro de cara a potenciar unha comunicación que sexa garante de respecto aos dereitos da cidadanía. O proxecto CIDEC centra a súa atención en catro colectivos sociais, persoas con diversidade funcional, mulleres, infancia e xuventude e persoas emigrantes.

Na xornada inaugural, o luns 25 ás 9.00 horas, está prevista a a participación do Valedor do Pobo Galego, Julio José Fernández, e do vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira. Dentro do encontro haberá dúas conferencias, a primeira o luns, ás 10.00 horas, a cargo de Ellen Helsper da London School fo Economics sobre educomunicación e desigualdade social. Natalia Ribas, da Universitat Autònoma de Barcelona, impartirá a segunda o martes ás 10.00 horas dedicada a migracións, xénero e desigualdade social. Tras as conferencias están previstas dúas mesas cada día nas que representantes de organizacións e activistas sociais debaterán sobre cuestións de especial relevancia e actualidade para os catro grupos sociais nos que se centra o encontro. 

O luns, a partir das 16.00 horas, terá lugar unha mesa entre xornalistas e organizacións sociais sobre o emprego de linguaxe non excluínte nos medios de comunicación e o martes, tamén ás 16.00 horas, dúas educadoras de PLatform London impartirán un obradoiro orientado a educadores e investigadores sobre o seu proxecto Shake!, no que traballaron con adolescentes en risco de exclusión en Londres. Todas as sesións do encontro levaranse a cabo no Visionado 1 da Facultade e estarán abertas a toda a cidadanía, a excepción deste último obradoiro, a celebrar no Plató 2 e que require inscrición previa.

Este proxecto está financiado pola Xunta de Galicia e os fondos FEDER da Unión Europea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xornalistos

a ver si o entendo¡¡ suponse que la voz el correo abc el pais razón.... non estan ao servizo dos partidos nin dos recursos públicos senon que están ao servizo da ciencia da manipulación ou digo comunicación¡¡¡ gracias por mostrarnos a realidade como queredes que sexa¡¡