Gadisa, a empresa que presume da súa galeguidade

O seu conselleiro delegado, Roberto Tojeiro, presume dunha empresa “cento por cento galega” durante a entrega do Premio Liderado Empresarial da CEC. Actualmente dálle emprego a 6.400 persoas e factura case 1.000 millóns de euros.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/06/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O presidente e conselleiro delegado de Gadisa, Roberto Tojeiro, é un dos poucos empresarios galegos que fai de Galicia un campo de negocio en todos os sentidos. Por iso, non dubida en destacar as súas potencialidades económica, precisamente, porque o seu grupo empresarialpode presumir da súa orixe e do seu éxito no país a base de potenciar, precisamente, a marca Galicia.

Vivamos como Galegos, campaña de publicidade de GADISA
Vivamos como Galegos, campaña de publicidade de GADISA

Un grupo familiar cento por cento galego”, dicía con orgullo Tojeiro este martes cando lle entregaron o Premio Liderado Empresarial da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) pola contribución desta empresa líder na distribución de alimentación ao "crecemento da economía galega". Un premio que adicou ao seu pai, o verdadeiro artífice do que hoxe é Gadisa.

“Esta empresa soubo evitar problemas e tamén vulnerabilidades, coa súa sede, estrutura e actividade produtiva principal en Galicia, con máis de 6.400 empregados e que achega máis de cen millóns de euros anuais ás arcas públicas”, destacou.

Gadisa dispón actualmente de 370 puntos de venda situados en Galicia e Castela e León que dan servizo a máis de 700.000 clientes; conta cun persoal de 6.450 persoas e en 2013 facturou un total de 979,98 millóns de euros, un 2,6% máis que o exercicio anterior.

Isto foi o que tivo en conta o xurado da novena edición dos Premios Liderado Empresarial, integrado polo Comité Executivo da patronal coruñesa, que destacou a contribución de Gadisa, fundada en 1985, á "xeración de emprego" nos últimos trinta anos.

Roberto Tojeiro, presidente conselleiro delegado de Gadisa, cos membros do seu consello e o conselleiro de Economía
Roberto Tojeiro, presidente conselleiro delegado de Gadisa, cos membros do seu consello e o conselleiro de Economía

Na súa intervención, Tojeiro insistiu en defender as potencialidades económicas do país e considerou "importante" a reindustrialización de Galicia como método para xerar riqueza e emprego, pois "da creación de riqueza sae riqueza e da creación de pobreza sae pobreza", advertiu.

Roberto Tojeiro

Roberto Tojeiro (As Pontes, A Coruña, 1961) é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais por ICADE e comezou a súa traxectoria profesional en Gadisa como adxunto á Dirección Administrativa até converterse en 2011 no presidente-conselleiro delegado do grupo empresarial.

Na actualidade, desempeña cargos profesionais en empresas do sector do transporte por estrada, servizos, químico, enerxético, inmobiliario, agroalimentario ou forestal; é presidente e conselleiro delegado do Grupo Ifa, presidente de honra e fundador da Asociación Galega da Empresa Familiar e membro do comité executivo da Cámara de Comercio da Coruña.

Entre outras distincións, recibiu a Medalla Castelao en 2011, concedida pola Xunta de Galicia, así como outras de distintas entidades públicas e privadas dentro e fóra da Comunidade Autónoma.

Roberto Tojeiro, conselleiro delegado de Gadisa
Roberto Tojeiro, conselleiro delegado de Gadisa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 felder

Moi "gallegos" pero a única empresa que ten todos os seus produtos en galego é o eroski.

5 Gamela

Vivimos coma galegos? Sobre a liberdade de expresión e a posibilidade de ter medios independentes en Galicia / 4 anos atrás / http://gamela00.blogspot.com.es/201... / Hoxe xa non sei cantos apostan por Galicia!

4 Pequeñito Nicolasito

Me produce vergüenza ajena lo de vivamos como gallegos. Me parece de un oportunismo subido de tono y patético, porque no existe un modo de vivir como gallego dintinto de vivir como español, europeo o ciudadano occidental. Por encima el anuncio no tiene versión en mi idioma, con lo cual procuro no entrar en los ghadis, por si me toca una caghera ghaliza y maleducada.

1 Co Na -vaite lavar

Administradores, poden apagar os comentarios deste troll?

2 Abesta

Pois eu acredito que non é preciso apargar ao troll, porque aínda que me pareza un carallán, sempre defenderei a liberdade de expresión. Non debemos caer na trampa de ser totalitarios, tan nosa. E podo entender que queira o anuncio tamén en castelán, pásame a min o mesmo cando vexo anuncios que non se publicitan tamén na nosa lingua.

3 Pequeñito Nicolasito

Magnífica Labestia, un galizo al menos razonable, aunque sea insultante. Que cunda el ejemplo. Veo que no siembro en baldío. Parabens, parabens, je, je, je.

3 Xistral

Como sodes... Todo non se anda nun día. Pero é importante o que fan, todo suma. Poderían facelo doutra maneira pero creo que os seus anuncios dignifican Galiza. Sobre o idioma é dificil atopar alguén que tire a primeira pedra..., ou non?

2 eusi

Moi galega, como as suas máquinas de cobrar dos supers: Deposite su bolsa y seleccione idioma(...el gallego también si quiere). Xa están pensando en que os PPodres non recuncarán na Xunta; sonche parvos estes espabilados!