Nova desfeita no Porriño

Adega ven de denunciar unha nova desfeita ambiental na charca e barreira de Cerquido, veciña ás Gándaras de Budiño, LIC da Rede Natura, e que está no concello do Porriño, que goberna en minoría o BNG. Segundo din, "apesar dos avisos da AHE (Asociación Herpetolóxica Española) xa dende 2007, a administración non foi quen de parar as obras e sancionar ao infractor. Se ocorre isto con hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción, que teñen a máis alta protección legal, apañado@s estamos!". Podes baixar o Informe aquí.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/07/2008 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 anónimo

tinto, eu non entro nin salio nas competencias administrativas. falo de delitos. coa nova lexislación na man eu non me perdería en acudir a unha administración ou a outra e logo a esperar ata o xuicio final do final de tódolos tempos. directamente ao seprona e fiscalía e punto. logo se vería.

7 tinto

Creo que estás equivocado, anónimo. Cando hai unha infracción urbanística que afecta ao medio ambiente por ser solo de protección medioambiental, a única administración competente é a autonómica. Consulta a Lei do Solo de Galicia. O mesmo está a pasar noutros concellos con zonas de protección. Pódoche dicir uns cantos, entre eles o meu. Neste último a denuncia que fixemos os veciños foi a medio ambiente e tamén pasaron de todo.

6 amoscaesquerdosa

As desfeitas ecolóxicas non teñen fronteiras.
Mirade o caso de Brasil...

5 anónimo

tinto:
independentemente das competencias das administracións autonomicas (consellería de medio ambiente, neste caso), os concellos tamén teñen as súas obrigas, competencias e responsabilidades.

pregúntome eu
¿as licencias de obra onde hai que solicitalas? no estanco? na perruquería? ou no concello?

pois ben, a concesión das licencias de obra levan aparelladas unha serie de comprobacións e esixencias previas que implican que se debe comprobar que o proxecto respecte o cumprimento de diversas materias lexislativas (entre outras as medioambientais).

insisto:
o actual ordeamento xurídico atribue aos concellos importantes competencias medioambientais.

en resumen:
a cuestión non é discernir cal das administracións é a máis responsable neste asunto. a cuestión é o asunto en si mesmo, infracción medio ambientel. logo tamén parece evidente que o concello non exerceu as suas responsabilidades competenciales medioambientales e a administracion autonomica, tampouco.

aos que son desta zona, recoméndolles que poñan unha denuncia dos feitos ante o SEPRONA e ao mesmo unha no xulgado. xa verás como actuan as administracións.

4 tinto

Xa o digo eu. O que non entendo é por que se resalta que o BNg goberna no Porriño e non se explica que os concellos non teñen competencia nesta materia e que é realmente a Consellería de Medio Ambiente (efectivamente do PSOE) quen debe actuar. Logo estou de acordo contigo Boedense.