Crises sísmicas

Cando na cortiza terrestre se produce un acontecemento desta natureza, vexo que poucos días despois hai outro afastado do primeiro, noutra rexión do globo terráqueo. Pensei, quizais poida ser unha necesidade físico-mecánica de reequilibrio na propia cortiza que, aínda que fracturada, é unha e está asentada sobre un mesmo colchón ou núcleo. Sobre esta base, estou a fundamentar unha análise da crise actual que golpea especialmente aos territorios do Sur da Europa.

Por Fermín Paz | As Pontes | 11/06/2015

Comparte esta noticia
Na miña análise, o sistema capitalista tiña moitas fallas, necesitaba liberar as tensións que tiña nos adentros. Tras décadas de hexemonía neoliberal, a crise quizais puidese explicarse en analoxía cun terremoto, díxenme.
 
A diferenza agora é que non foi un movemento natural senón artificial, artellado polo mesmo sistema. Era un movemento de reaxuste no seu interior que tiña certo asento na globalización. 
 
Do mesmo xeito que na natureza os movementos sísmicos, as crises son parte do sistema capitalista, son terremotos artificiais xerados polo propio sistema. Outra cuestión é a latitude, a magnitude e as consecuencias en cada quen.
 
Como nos terremotos, aquí teremos réplicas que aínda seguirán causando destrozos sumatorios e despois nas áreas afectadas volveremos a unha certa “normalidade anormal”. Sobre o mal causado teremos que seguir vivindo, pero peor.
 
A seguinte etapa non será tan agresiva, as réplicas sempre son de menor intensidade que o movemento principal, o dano está feito e os obxectivos do sistema cumpridos. Agora o que fan cos seus anuncios é tratar de crear unha ficción de nova situación coa que temos que afacernos. Agora toca liberar algunhas das tensións creadas que xa están ao límite do soportable en capas moi grandes da poboación.
 
E, por pura lóxica, o sistema dominante seguirá necesitando deste procedemento e haberá novos sismos porque, de non facelo, correríase o perigo dunha destrución sistémica. Prefiren os desastres para a maioría da poboación, antes que poñer en perigo a supervivencia sistémica.
 
Sobre esta base, en analoxía coas miñas observacións sísmicas, desprazarán ditas crises, en datas próximas, lentamente, pero sen pausa, a outra parte do mundo, concretamente, ás Américas do Centro-Sur, por necesidades propias da depredación conxénita do sistema capitalista, unha acción de reequilibrio para poder seguir esquilmado a riqueza dos países e as súas xentes. O que vai suceder nesta parte do mundo (desde México á Arxentina) terá relación con este movemento. E é aí onde os acontecementos de toda caste (económicos-políticos-sociais), que están por suceder, merecerían a atención da maioría de analistas. En nome da liberdade, coa que teñen engaiolados a xente nun imaxinario colectivo de pais ceibe, xustificarán as crises e os seus desastres. 
 
Na  globalización da economía  todo o que ocorre en algures do mundo afecta ao resto. As economías dos países están entretexidas nunha malla baseada no comercio e os movementos de capital internacionais, cando non están mais ou menos integradas nun espazo económico común. Desta maneira, aínda que a distinta velocidade, a crise actual que se orixina en EE.UU e Europa parece estar chegando a outras rexións como Asia e Latinoamérica. Nalgúns casos soamente presentase coma unha revisión á baixa das expectativas de crecemento, pero non deixa de ser un indicador  que debemos ter en conta na analise.
 
As perspectivas son preocupantes para America Latina. A  caída dos prezos internacionais das materias primas (especialmente metais e minerales), o menor crecemento da economía Chinesa (un socio de peso de América Latina), o encarecimiento do custo do financiamento internacional e a baixada de chegada do capital internacional. Unha rexión  con grandes diferenzas entre os distintos países, que xa se manifestaron no 2014, sen esquencer o que  está acontecendo no eido político.
 
Se aceptamos que a crise é unha realidade obxectiva coa que temos que convivir, desde a certeza empírica que no sistema hexemónico do capitalismo, crise e conflito conforman a espiral dialéctica dos acontecementos.
 
O capitalismo que vén é máis reaccionario e autoritario. Non é posible a volta a políticas neokeynesianas para que o estado terme do social. Este modelo finou para o capitalismo..
 
O meu chamamento final non podía ser outro:
A quen poida interesarlle!!! Aos que imos pagar a conta das crises !!! Construamos a nosa protección civil (alternativa), non sigamos confiando en quen causan, consenten ou xustifican estes desastres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.