Turismo deulle dous millóns á Igrexa nos primeiros catro meses do ano

A xunta sufragará os custes do novo Centro de Peregrinos en Compostela e destinará 120.000 euros para promocionar a festa do Corpus Christi en Ponteareas e a Semana Santa de Ferrol e Viveiro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/06/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Axencia de Turismo de Galicia destinou 1.990.000 euros a sufragar distintos actos e festas relixiosas, así coma a restauración de edificios ou contornas relixiosas entre os meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2015.

Feijóo, Rajoy e Cospedal nun acto na Catedral de Santigo
Feijóo, Rajoy e Cospedal nun acto na Catedral de Santigo | Fonte: xunta

De feito, as achegas á Igrexa supoñen máis da metade do orzamento que Turismo repartiu no primeiro cuadrimestre do ano en distintos convenios para promocionar festas, eventos turísticos e do Camiño de Santiago. De feito, a maior parte do gasto feito por este organismo da Xunta foron os 1.550.000 euros para realizar un novo centro de acollida de peregrinos en Santiago.

Este convenio,  que regula a subvención mediante concesión directa da Axencia Turismo de Galicia á Fundación Catedral de Santiago para rehabilitar o Asilo de Carretas,  busca crear un centro de acollida aos peregrinos en Santiago de Compostela que será xestionado pola Igrexa.

En virtude do convenio, a Fundación Catedral de Santiago comprométese manter o investimento por un período de cinco anos, como mínimo, desde a finalización da obra, asumir a xestión do funcionamento do centro, sen que esta actuación xere ingresos para a fundación, nin se cobre polo seu uso aos peregrinos usuarios do centro.

A Xunta xustifica esta axuda á Igrexa xa que di que a creación do Centro de Acollida aos Peregrinos “é unha vella aspiración dos peregrinos que cando chegaban ao final do Camiño non atopaban un lugar onde poder expresar as súas emocións e experiencias e onde poder informarse sobre Galicia e o seus recursos”.

Por iso, o centro funcionará como “un lugar de encontro e reflexión” e contará cunha Oficina do Peregrino, onde poderán recoller a súa Compostela, un salón de actos, unha capela, un centro interconfesional, unha área de información turística, unha biblioteca e centro de documentación xacobeo, unha zona de atención en idiomas ou. unha área para asociacións amigos do Camiño.

600.000 euros na rehabilitación da Casa do Deán

Esta subvención chega seis anos despois de que a Igrexa gastara case 600.000 euros, tamén con axudas públicas, para arranxar a Casa do Deán, que serve agora, como centro de acollida dos peregrinos que chegan a Compostela. “Os operarios da empresa que gañou o concurso -Neor- poranse ao choio para converter o emblemático inmoble nun servizo de luxo para recibir ao peregrino como se merece”, apuntaban entón desde a Igrexa. 

Tras estas obras as antigas cabaleirizas da Casa do Deán transformaranse en salón de estancia e espera para os usuarios. No alpendre habilitouse unha consigna e construíronse aseos para discapacitados. 

O que non di a Axencia de Turismo de Galicia é que pasará con todas estas dependencias rehabilitadas da Casa do Deán unha vez comece a funcionar o novo Centro de Peregrinos no coñecido como Asilo de Carretas.

Outras subvencións

Ademais de subvencións a este edificio relixioso, a Xunta tamén concederá 150.000 euros para as actuacións no contorno e Santuario de Nosa Señora da Franqueira (Pontevedra), en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

En materia de festas relixiosas, Turismo destinará  120.000 euros. Así, subvencionará con 40.000 euros, respectivamente, aos concellos de Ponteareas e Ferrol, para a celebración da Festa do Corupus Christi e da Semana Santa e con outros 40.000 á Asociaicón Xunta de confrarías da Semana Santa de Viveiro.

Finalmente, Turismo tamén aportará 100.000 euros á Catedral de Santiago para a mellora da atención aos peregrinos e visitantes e 70.000 euros ao Arcebispado de Santiago e o Bispado de Lugo para a apertura de igrexias no Camiño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

12 Robertox

Hay algunos "antropologos" que hacen reseñas de los eventos religiosos y otras actividades como el camino de Santiago, negando sus caracteristicas milagrosas y dejandolos como una simple costumbre turística. Una encuesta entre los feligreses revelará los milagros que han ocurrido a las personas que hacen sus peticiones a Dios y a su madre Santísima. Sería de valor, publicar esos testimonios de la verdad cristiana que abundan y son mas profundos y significativos de lo que muchos piensan. Con eso le taparian la boca a los que niegan la realidad de Dios entre nosotros.

11 Foucellas

Non-cola, xa che dixen que ofende quen pode e non quen quere. Ben sei que eres un falanxista que traballas neste medio. Sempre te cabreas cando me meto coa "igrexa católica, apostólica e millonaria". A vida é así, está chea de cadeliños fideis aos seus amos. Comos ei que te fastidia: A igrexa é o demo disfrazado de santa. A relixión é o opio do pobo. A dereira ibérica son asasinos de razóns e de vidas! Que cha proveite, nonCola.

10 nonCola

Pois non llos van dar ao Foucellas --coñecido ridiculista pedantón a soldo do PP con mentalidade de mestre de escola ou de toreo--, nin a esa que di que é bollera, camionera, desviada, leñadora e feminazi.

9 Foucellas

Queremos camas nos hospitais.Queremos que repoñan os aparatos estropeados nos hospiatais.Queremos que cubrana s paarzas dos que se xubilan na educación e na sanidade,Queremos cooperativas e menos tabernas e hoteis.Queremos máis investigación pública e menos subvención aos empresarios. Queremos menos porque é maís.Queremos igrexas museos e cregos que s egañen a vida e se paguen a seguridade social.Queremos educación laica e estado laico.Queremos que os clubes paguen o que deben a facenda.Menos futbol e máis deportes varios.Queremos unha vellice digna e coidados.Queremos ciencia e non superstición, latrocinio e neofranquismo. Basta xa de ladróns e asasinos de razóns e de vidas que dicía Lluís LLach. Traballo,cultura,estudio e ciencia fronte misa,papadas e salsa costa. Os cristofascistas que se vaian a Polonia ou croacia, onde seguro son benvidos.

8 fartodetodos

"De feito, a maior parte do gasto feito por este organismo da Xunta foron os 1.550.000 euros para realizar un novo centro de acollida de peregrinos en Santiago. Queremos peregrinos ou non? pechamos a catedral? privatizados tamen o camiño? E mais, por min que pechen todo, así xa non habera mais gastos relixiosos. Que poñan museos nas igrexias e que as enchan de funcionarios.