Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2023 | Actualizada ás 15:55
O 'Foro Talentia Summit 2023' abordou este venres en Santiago "o traballo do futuro" con expertos en tecnoloxía, innovación e intelixencia artificial. Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, apostou por establecer un marco "claro e ético" para a intelixencia artificial, algo no que asegurou que traballa o Executivo central Pola súa banda, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, fixouse o reto de "ir a un modelo de traballo de calidade", con especial fincapé nas políticas de igualdade e conciliación para aproveitar o talento feminino, algo que recalcou igualmente a tenente de alcaldesa, María Rozas.
En representación da Xunta, o secretario xeral de Emprego, Pablo Fernández, animou aos emprendedores a tentar sacar adiante os seus proxectos sen medo ao fracaso, e reivindicou as medidas do Goberno galego para fomento do emprego. O foro desenvolvido este venres é unha das dúas patas de 'Talentia', que o luns se centrará na outra, a feira do emprego, que trata de achegar a demandantes de emprego e empresas, con "datos moi positivos" nas anteriores edicións, segundo a rexedora e María Rozas.
FENDA DIXITAL
Por parte do Goberno central, Pedro Blanco resaltou tamén actuacións para "eliminar" a fenda dixital e asegurou que o 100 % de Galicia contará con conexión de alta calidade antes de 2025. En concreto, reafirmou a aposta do Executivo pola eliminación da fenda dixital entre a Galicia urbana e a rural con 180 millóns para levar banda ancha a 240.000 familias e estender o 5G.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.