Temas: FUXIDAS

A guerra entre romanos e castrexos toma Lugo

Todo listo para o Arde Lvcvs 2015, que arrinca este venres con máis de 260 actividades.

Por Gc Tendencias | Lugo | 18/06/2015 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

O Arde Lvcvs 2015 está listo. Castrexos e romanos volverán tomar, un  ano máis, as rúas de Lugo nunha festa que agarda a milleiros de visitantes de toda Galicia e do resto do Estado. Durante toda a fin de semana terán lugar 260 actividades que contarán cun reforzo das distintas forzas e corpos de seguridade -Policía Nacional, Autonómica e Local-, os bombeiros e o servizo de Protección Civil.

Arde Lucus
Arde Lucus

Os interesados en visitar Lugo terán, ademais, descontos que ofrecen tanto Alsa como Arriva ou Renfe. Os que viaxen en coche particular teñen estacionamentos habilitados, tanto dentro como fora da cidade, para evitar o embotellamento da circulación. 

A concelleira Carmen Basadre informou este xoves de que, “tanto o persoal responsable dos servizos eléctricos do Concello, como os de auga, mantiveron reunións coas diversas asociacións de recreación histórica da cidade para que non existan problemas nos campamentos e saiban empregar axeitadamente as medidas de protección”. 

A concelleira falou dos preparativos e o operativo de seguridade do Arde Lvcvs durante a rolda de prensa posterior á primeira Xunta de Goberno Local provisional, que precisamente, ademais da constitución do propio órgano, aprobou a autorización para que o persoal de Conserxería realice servizos extraordinarios durante o festexo, ante a necesidade de ampliar os horarios de apertura ao público do centro social Uxío Novoneyra e a casa consistorial.

Arde Lucus
Arde Lucus
Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Impais

GALAICOS, non "castrexos", que iso foi un termo inventado por un da Facultade de Historia da USC para que nin soubéramos quen eramos. Por certo, que o termo orixinal era "castreños", agora galeguizado ignorantemente. Estamos tan alienados que xa non damos para máis.