Temas: IMAXE

A crise europea no ollo do artista

A exposición de Time To Change Art Project leva a visión de varios artistas galegos sobre a crise á Tent Gallery de Edimburgo.

Por GC Tendencias | Edimburgo | 22/06/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O pasado venres 14 de xuño inaugurouse na Tent Gallery de Edimburgo a primeira exposición de Time To Change Art Project, que tamén conta con obradoiros e ciclos de cine. O seu principal obxectivo, segundo os organizadores, é apoiar un cambio positivo nun contexto inmerso nunha profunda crise, enfrentarse ao entumecemento e a apatía xerada pola falta de esperanza.

2Hechos Reales Tono Carbajo
2Hechos Reales Tono Carbajo

Time To Change Art Project (timetochangeartproject.com) parte da iniciativa de Elisa Guietti, Nadiake Der e Ana G. Chouciño. Este proxecto quere mostrar diferentes percepcións da crise europea; a maneira en que cambiou a nosa vida e o modo de observar o mundo.

A exposición conta con artistas italiáns, gregos, españois e tamén escoceses, como a artista de Glasgow Janie Nicoll (www.janienicoll.co.uk).

Galicia tamén é protagonista nesta exposición. Ademáis do comisariado por parte da galega Ana G. Chouciño, dúas das obras pertencen a artistas galegos. Tono Carbajo, vigués residente en Barcelona, e Cadelasverdes, colectivo formado polas ferrolanas Ana Amado e Marta Marcos e a luguesa Luz Paz presentan as súas obras por primeira vez en Edimburgo.

552139_396151673825712_999837618_n

A obra 'Fotomovimiento' de Tono Carbajo

Tono Carbajo (www.tonocarbajo.net) desenvolve os seus propios proxectos partindo da súa biografía e do seu entorno próximo. Utiliza diferentes técnicas dependendo da idea inicial de cada peza. As videoinstalacións, a pintura, a fotografía, as ensamblaxes ou o traballo con colectivos definiron a súa traxectoria artística máis recente.

Participa nesta mostra con Hechos Reales, o resultado das miles de fotos de movementos sociais que fixo durante os últimos anos. Escolleu algunas delas para pintalas con acrílico sobre papel, tendo como obxectivo último formar un gran mural sonoro con elas. Carbajo recolle unha linguaxe plástica cercana á cartelería ou as propias pancartas  que se ven nas manifestacións, xa que a considera a maneira máis rápida, directa e cercana para concienciar á xente.

Tono Carbajo converte a protesta en arte, o fotoperiodismo en pintura sen que se perda un ápice de dramatismo e forza. Parece abandoar cada vez máis o cubo branco para aproximarse á rúa... tanto que forma tamén parte de Fotomovimiento, ese gran equipo de fotógrafos xurdidos no 15M que apoian coa súa cámara manifestacións e protestas ao longo do territorio español, que tamén forma parte desta exposición.

552139_396151673825712_999837618_n

A obra 'Camiño á praia' de Cadelasverdes

Cadelasverdes propón co seu traballo Spanish Dream (www.facebook.com/spanishdreams) unha reflexión crítica sobre a crise económica e as súas consecuencias. Na actualidade asistimos a unha situación que está provocando graves desequilibrios económicos en todo o mundo. En España, en particular, esta circunstancia viuse acentuada pola famosa burbulla inmobiliaria.

A idea fai referencia ao American Dream  como símbolo do que anhela todo un país, o obxectivo final que hai que alcanzar na vida: ter unha vivenda en propiedade. Este desexo lexitimou un modelo social baseado na producción indiscriminada amparado pola especulación bancaria.

O soño fíxose trizas e, como herencia, temos un territorio infestado por obras que quedaron sen rematar e con poucas expectativas de facelo, ruinas prematuras que xa forman parte do noso paisaxe. Detrás desta situación escóndese unha realidade persoal, individual e colectiva, que forma parte do día a día que que amosa un escenario pouco optimista.

Spanish Dream alude especialmente ao emocional, recreando esceas familiares en espacios de obas sen erminar con un aspecto pouco doméstico que probablemente nunca chegará a telo. O proxecto propón a reflexión sobre unha sociedade que, arrastrada polo afán de convertirse en propietaria, olvidou o verdadeiro sentido do habitar.

A primeira parada de Time To Change Art Project foi en Edimburgo, pero a organización espera que moi pronto poida visitarse tamén en Galicia.

Temas: IMAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta