Temas: FUXIDAS

Música e catas na XVIII Feira do Viño de Valdeorras

A mostra deste ano celebrarase os días 11 e 12 de xullo na Praza de Viloira do Barco de Valdeorras e contará cun programa moi variado e con interesantes novidades para atraer a todos os públicos.

Por GC Tendencias | O Barco | 25/06/2015 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

En palabras de José Vicente Solarat, Presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, a Feira do Viño deste ano está pensada como “acto lúdico festivo de exposición dos viños desta comarca”. 

Alfredo García e J.Vicente Solarat Alfredo García e J.Vicente Solarat
Alfredo García e J.Vicente Solarat Alfredo García e J.Vicente Solarat

O público máis xoven terá o atractivo engadido de asistir ao “Valderrock”, festival de música rock no propio recinto feiral, o sábado pola noite. Actuarán o DJ Jurassic Rock, o grupo The Morgans e a banda tributo clónica da mítica AC/DC, Bon Scott Revival Show e os máis pequenos da familia tamén terán durante sábado e domingo un parque de actividades infantís con monitores á súa disposición nos xardíns da Casa Grande de Viloira (a carón do recinto feiral).

O pregón inaugural terá lugar o sábado 11 ás 12:30 h. a cargo de Julián Villamarín Rodríguez, responsable da área de clientes internacionais da empresa Autoneum Spain Northwest SLU con sede no Concello da Rúa. José Vicente Solarat decantouse por el para dar lectura do pregón deste ano por ser unha persoa moi implicada co desenvolvemento económico da zona e por ser así mesmo un gran coñecedor e magnífico embaixador dos viños valdeorreses.

O domingo 12 ao mediodía haberá unha cata popular despois da entrega de premios aos viños valdeorreses. A cata esta aberta a todos os visitantes e a sumiller galega Mercedes González será a encargada de aconsellar e guiar aos participantes na mesma.

Outra das novidades desta edición será a posta en marcha do tren turístico “Valdeorras Expreso” como solución lúdica e de transporte para achegar a veciños e visitantes ao recinto feiral. Segundo explicaba Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras, o tren funcionará toda a fin de semana, haberá viaxes cada media hora, será de balde e terá paradas no pavillón polideportivo de Calabagueiros, diante do Hospital Comarcal, na Praza do Concello e na Praza de Viloira (recinto feiral).

Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta