A folga que provocou a efémera proclamación da República Galega

Os días 25 e 27 de xuño de 1931 os obreiros folguistas proclamaron o Estado Galego en Ourense e Compostela, respectivamente . Este fito histórico deuse no marco do importante conflito xerado pola suspensión das obras do camiño de ferro por parte da nacente II República Española. Malia o carácter efémero da declaración do Estado Galego, este feito reflectiu o estado de ánimo favorábel á reclamación soberanista por parte do obo, ligada estreitamente aos intereses obxectivos da clase traballadora, e que permitiu a votación do Estatuto de Autonomía .

Por Galicia Confidencial | Ourense | 28/06/2015 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

A Fundación Moncho Reboiras-FESGA conmemora o 83 aniversario da declaración da República Galega en Ourense e Compostela no marco do conflito do camiño de ferro (25,26 e 27 de xuño de 1931) coa publicación dunha curta documental que analiza uns acontecementos históricos que amosan a íntima implicación entre a liberación nacional e as loitas obreiras no noso país.

Pueblo Gallego anuncia a proclamación da República Galega
Pueblo Gallego anuncia a proclamación da República Galega

A video-reportaxe, de 13 minutos de duración, foi coordenada por Manuel Mera e realizada por Bernal Rúa, e conta coas intervencións dos historiadores Xerardo Dasairas e Uxío-Breogán Diéguez. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta