Recortes tamén na sanidade psiquiátrica

Denuncian que a Xunta está a limitar os ingresos psiquiátricos e a precipitar as altas na Área Sanitaria de Santiago de Compostela.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/07/2015 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) denuncia que na Área Sanitaria de Santiago se está a producir unha conduta que cualifican de "inaudita e perigosa" por parte da Xerencia e da Xefatura do Servizo de Psiquiatría. 

Cartel de entrada do Psiquiátrico de Conxo en Santiago
Cartel de entrada do Psiquiátrico de Conxo en Santiago | Fonte: A Mesa

Así, lembran que, malia que non se conseguiu frear o peche de camas de hospitalización psiquiátrica durante o verán, "séguense a limitar os ingresos psiquiátricos de pacientes en descompensación aguda e estanse a precipitar as altas, reducíndose temerariamente as estadías hospitalarias", indican nun comunicado.

Desde a plataforma sinalan que, por orde da Xerencia e en connivencia co Xefe de Servizo, se están a concentrar os ingresos na Unidade de Conxo mentres se deixa baleira a do Hospital Gil Casares, o que identifican como unha "estratexia para diminuír ocupacións hospitalarias e cuestionar a necesidade de recursos", segundo recollen neste comunicado. 

"O resultado é a eliminación de facto de recursos sanitarios públicos, xa que non se ofrecen aos doentes", e alertan de que supón crear unha situación de risco grave para a saúde e a vida dos pacientes. O MGSM chama a rematar con este xeito de administrar e dirixir a sanidade pública, en especial a saúde mental. 

Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela
Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta