ABANCA gaña 214 millóns no primeiro semestre

ABANCA declara que obtivo no primeiro semestre do ano un resultado antes de impostos de 244 millóns de euros, cun beneficio atribuído situado en 182 millóns de euros. O banco di que este resultado está baseado no incremento da actividade con clientes, na melloría da calidade da carteira de crédito e na solidez dos ratios de capital. Malia os bos resultados, Banesco non adiantará o diñeiro que aínda debe ao Estado.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/07/2015 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

O resultado do primeiro semestre reflicte unha melloría do núcleo do negocio da entidade:

Francisco Botas, de ABANCA, presentando os resultados do primeiro semestre de 2015
Francisco Botas, de ABANCA, presentando os resultados do primeiro semestre de 2015

crece a marxe comercial a pesar da caída do Euribor e os ingresos por prestación de servizos

aumentan un 2,9%.

A marxe da actividade comercial ascendeu a 214 millóns de euros. A entidade conseguiu incrementar 20 puntos básicos o diferencial da súa actividade comercial a pesar da caída de

32 puntos básicos do Euribor.

Cómpre lembrar que ABANCA é propiedade do grupo venezolano Banesco, quen gañou a poxa pola entidade galega prometendo pagar 1.003 millóns. Banesco aínda ten pendente por abonar unhas 600 millóns. Malia os beneficios deste semestre, a entidade non ten previsto aportar eses cartos antes ao Estado. O grupo debe facer fonte aos pagos antes de 2019.

 

Dinamismo comercial con empresas e familias

Na primeira metade do ano a entidade impulsou o crédito a empresas e a familias. Respecto

de xuño do pasado ano, ABANCA multiplicou por dous o importe de financiamento concedido, que ascendeu a 5.135 millóns de euros. O 60% do crédito concedido destinouse a empresas e autónomos.

Como consecuencia da intensificación do ritmo de concesión de crédito, o saldo da carteira crediticia en situación normal aumentou un +8% interanual, fronte a unha caídado -16% no mesmo período de 2014.

Como consecuencia da "política de máxima prudencia e rigor seguidos durante o último ano",

ABANCA reduciu a súa taxa de morosidade un 42% con respecto a xuño de 2014, ata

situarse no 9,9%. O saldo de créditos dubidosos cae un 33% interanual (1.544 millóns de euros), mentres que a cobertura da morosidade mantense no 58%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galegoexiliado

E mercárona gratis. Este Feijoy eche un lince da economía, o próximo Nobel. Como dí don Mariano, non houbo rescate.... houbo saqueo.