Vídeos de Nadal: Do Galicia Rueda, ao Pontón presidenta pasando polas tomas falsas de Besteiro

Os principais candidatos á Presidencia da Xunta tiraron de creatividade neste Nadal. Aquí tes os vídeos natalicios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/12/2023 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Nótase que estamos en campaña electoral. Tanto, que ata os tradicionais vídeos natalicios se converteron, este ano, en auténticos vídeos promocionias da campaña electoral anticipada que os galegos viviremos este 18 de febreiro.

Rueda de condutor de autobús no vídeo de Nadal do PPdeG
Rueda de condutor de autobús no vídeo de Nadal do PPdeG

O PPdeG tirou de creatividade nun vídeo no que presentan ao presidente galego conducindo un autobús do PP no que vai subindo xente, entre eles, músicos ou particpantes en programas televisivos, ademais de membros do seu partido. Hai guiños á presidenta da Comunidade de Madrid e tamén a Puigdemont.

O BNG apostou por un vídeo no que presenta a unha Ana Pontón presidenta da Xunta cunha Galicia que avanza máis en sanidade e servizos sociais.

 

 

Finalmente, o PSdeG apostou por dous vídeos, un máis institucional de José Ramón Gómez Besteiro, e outro, que está arrasando en redes, o das tomas falsas, onde unha muller interrumpe a gravación do candidato socialista para facerse unha foto con el, aínda que aclara que ela é do PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta