Inauguración de "Tradición, cambio e innovación" en Vigo

A colección de arte ABANCA reúne unha ampla selección dos artistas que, tanto dentro coma fóra de Galicia, definiron a arte do século XX e os rumbos cara aos que se dirixe no noso momento actual. Esa idea é a que nutre a xénese e o percorrido desta mostra, «Tradición, cambio e innovación,» unhas bases que moi ben pódense aplicar á esencia creativa do máis do centenar de obras que a compoñen.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 24/07/2015 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

A colección de arte chega a Vigo nunha exposición que comeza o próximo luns 27. Todo o público está convidado a asistir á inauguración na Sede Afundación de Vigo ás 20.00 h, en Policarpo Sanz, 26.

A Colección de Arte ABANCA é unha referencia obrigada en España, con máis de mil trescentas obras, imprescindible para entender a historia da arte contemporánea no país. A colección reúne unha ampla selección das e os artistas que, tanto dentro coma fóra de Galicia, definiron a arte do século XX e a súa evolución ata o intre actual.

Poderase visitar a exposición de martes a domingo de 18.00 a 21.00 horas. Información das visitas comentadas no 986 129 032.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta