Angrois, cando se fará xustiza?

Hai dous anos aconteceu un grave accidente de tren en Angrois (Santiago de Compostela), e aínda que como perito sempre dixen que o erro humano do maquinista foi a orixe do accidente e causante deste, tamén manifestei que isto non quere dicir que sexa o máximo responsable do accidente.

Por Carlos González Armada | Vigo | 27/07/2015

Comparte esta noticia
O erro humano é algo que incuestionablemente debería de estar previsto nunha infraestrutura como a da AVE, e por cuestións políticas e económicas, non se consideraron as máximas normas de seguridade para evitar un posible erro humano
 
Cada día que pasa estou mais de acordo coa liña que defende o meu amigo José Ángel Roca, Enxeñeiro Tecnico de Obras Públicas, experto en temas ferroviarios, aquí existe unha grave neglixencia política, e segundo denunciou no seu día Xuntos, debería de ser do Ministro do momento, José Blanco.
 
Por un aforro económico e debido a intereses políticos, non se instalou o sistema de seguridade ERTMS, e se deixo este tramo de liña co sistema menos seguro e deseñado para trens convencionais, o sistema ASFA. Pero non só aconteceu isto, é que tampouco se instalaron as balizas de transición entre o ERTMS e o ASFA, co que se deixo todo nas mans do erro humano
 
Días máis tarde do accidente se instalaron esas balizas, acaso non é un recoñecemento expreso da responsabilidade de "alguén" que esta por enriba do maquinista?
 
Pepe Blanco inaugurou esta infraestrutura anunciándoa como un tramo AVE, o cal é mentira, polo que se o ministro manifestou que era un tramo AVE, debería de ter os informes enriba da mesa que garantisen a seguridade dos pasaxeiros co sistema ERTMS, porque non se lle investiga?....estamos nun país de pandeireta, por mais que nos queiran vender a nosa modernidade, méntennos, a modernidade dun país constátase pola responsabilidade dos seus dirixentes, mentres os que están arriba sexan uns corruptos, trepas, e irresponsables non poderemos considerarnos un país moderno
 
Cando se imputará aos verdadeiros responsables da traxedia?. Mentres isto non aconteza e se manteña a impunidade destes dirixentes estaremos expostos a que isto volva acontecer e todos somos posibles vítimas das neglixencias destes irresponsables

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA