Moncho Reboiras, dividido en homenaxes

Un dos símbolos da UPG recibirá varias homenaxes no 40 aniversario do seu pasamento. Unha, do ”arredismo de clase, representado no país por Xeira e a FPG”, outra polo Movemento Galego ao Socialismo, corrente do BNG, e unha terceira pola propia UPG.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 11/08/2015 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

Moncho Reboiras, símbolo indiscutible da UPG, tamén terá varias homenaxes este mes no que se cumpren 40 anos do seu pasamento.  Cando menos, xa foron anunciadas tres. Unha será realizada polo "verdadeiro arredismo de clase, representado no país por Xeira e a FPG”. Ou iso é o que di esta formación nun comunicado. O outro polo Movemento Galego ao Socialismo, partido do BNG que xurdiu dunha escisión da UPG, e unha terceira da propia Unión do Povo Galego.

Moncho Reboiras
Moncho Reboiras | Fonte: galiza.indymedia.org

Este sindicalista, morto nun enfrontamento coa policía en 1975 cando era membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, recibe anualmente homenaxes de diferentes formacións e sindicatos.

E como é habitual, a UPG organizará unha nova homenaxe este ano. "Os camaradas e as camaradas do Partido ao que Reboiras entregou xenerosamente o seu firme e activo compromiso militante, recollemos o seu exemplo e proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida", apuntan nun comunicado.

Así, destacan que o o seu exemplo foi "precisamente a auto-organización do povo galego o que máis combate e o que máis teme o noso inimigo", en alusión ao Estado español. "Precisamente porque é a ferramenta básica para podermos enfrontar con decisión o camiño da nosa liberdade. Gran lección que non teremos que esquecer nunca", engade.

A súa homenaxe terá lugar en Ferrol, o vindeiro 12 de agosto. Ás 19.00 horas haberá unha concentración na Praza de Armas e desde alí os asistentes dirixiranse cara ao portal da rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras e onde depositarán unha ofrenda floral. Media hora despois haberá unha intervención política coa participación de Adrián R. Bravo, secretario Xeral da UMG; Eva Espiñeira, concelleira do BNG en Ferrol e Néstor Rego, secretario Xeral da UPG e membro da Executiva Nacional do BNG.

Sen embargo, outro grupo xurdido precisamente dunha escisión da Unión do Pobo Galego, a Fronte Popular Galega tamén quere lembrar, novamente, a súa figura no 40 aniversario do seu asasinato cunha homenaxe en Teis, Vigo, “por ser este barrio obreiro da comarca viguesa o lugar onde o camarada Reboiras pasou a maior parte da súa vida e onde comezou a traballar e militar no compromiso popular e nacional por unha Galiza ceibe, independente e socialista”.

A lembranza de Moncho Reboiras mantén aceso o mellor da loita pola emancipación social das clases traballadoras ligada coa necesaria reivindicación dos dereitos colectivos e a defensa cultural do noso pobo, sen dúbida, piares estes sobre os que se alicerza a democratización radical da nosa sociedade”, apunta a FPG nun comunicado no que lembran que representan "o arredismo de clase”.

A homenaxe terá lugar o vindeiro 15 de agostona Praza do Toural -mercado de Teis- e  continuará, de seguido, cun xantar autoxestionado no Parque da Riouxa. “Farémolo porque canda Reboiras, en 2015, e canda a todas as persoas que deixaron o mellor da súa vida no combate político, cultural e sindical contra o fascismo e por unha Galiza ceibe e popular”, conclúe.

Pola súa banda, o Movemento Galego ao Socialismo realizará outra homenaxe no cemiterio de Imo (Dodro) este 12 de Agosto ás 13.00 horas. O acto contará coas intervencións de Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG de Dodro, Rafael Mouzo, alcalde de Corcubión durante 26 anos e que impulsou a concesión dunha rúa a Moncho Reboiras neste Concello, e Noa Presas, membro da Mesa Nacional do MGS e de Isca!.

 

Recordaremos o exemplo vivo dun loitador pola liberación nacional e social de Galiza que levou o seu compromiso até as súas últimas consecuencias, dando a vida por unha causa pola que seguimos a loitar”, apunta nun comunicado. 

 

No transcurso do acto haberá unha actuación musical de Mini e Mero, e cun recital de poesía a cargo de Susana Sánchez Aríns e Verónica Martínez Delgado, que servirá como presentación do libro de poemas “Moncho Reboiras Vive!” que edita o MGS neste 40 aniversario, que conta con textos de Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Igor Lugris, Isidro Novo, Marta Dacosta, Ramiro Vidal Alvarinho, Susana Sánchez Aríns, Teresa Moure e Verónica Martínez Delgado, e que estará dispoñíbel ese día.

 

A pesar de compartir espazos e militancia política no BNG, nin a UPG, nin o Movemento Galego ao Socialismo se puxeron de acordo para facer un acto conxunto para homenaxear a figura de Moncho Reboiras. Os dous decidiron, mesmo, competir en espazos publicitarios insertados en determinados medios nacionalistas, con banners case iguais, para promocionar as súas respectivas homenaxes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

15 Gamela

Que diría Moncho Reboiras se vivira hoxe entre nós...? Ben sei que Moncho non pode xa falar, pero igual outros están a falar de máis! En lembranza de quen deu a súa VIDA pola LIBERDADE de todos nós !

1 Witiza

E unha m. Ese fulano era alérxico á liberdade. Foi un pringao violento e fracasado ao que lle aplicaron o mesmo tratamento que el quería aplicar. O seu sono era converter Galicia en Corea do Norte. Por fortuna fracasou máis só que a unha.

2 Gamela

no ano 1975 en Corea do Norte xa estabamos... o que compría era saír dela... e Moncho foise pola porta grande daqueles anos de represión noxenta dun réxime en descomposición... (?) Pero igual non... (?)

3 Witiza

Que dis zumbao!. Sal da mafia upegalla e le un pouco. En 1975 a renda per cápita española era 30 veces superior á de Corea do Norte, que era onde se miraba este pringao. Pasamos dun réxime autoritario, bastante menos malo que calquera comunista a unha democracia, malia tipos como Moncho que afortunadamente non representaban a ninguén. A súa vida foi un fracaso lamentable.

14 Ahzu

Que un atracador de bancos, bastante mediocre por certo, sexa o referente da loita da UPG e demais mandas comunistas chonis deixa bastante claro a onde van chegar.

13 Antón

Moi ben, despois estes falan de ética e democracia e homenaxean a un terrorista de m****, e nin para eso se poñen de acordo, vaia banda. Nas vindeiras eleccións o o pobo galego falará de novo e poñeravos a todos no voso sitio. O pobo é quen máis ordena, é o que ten.

12 FidelCastro

Cun arma Co cano torcido non iría moi lonxe. Lonxe chegaron OS homenaxeadores.Con xubilacions topeadas e fundaciones e contentos por non quedar de malos na historia.

11 noxo

Noxento homenaxe a un violento que quería buscar "formas de loita mais avanzadas", que quería formar un grupo terrorista. Por sorte deixárono para criar malvas.

1 Xoel G

O mellor comentario. As cousas como son. Foi unha vergoña para Galicia que non representaba a ninguén máis que catro colgaos

2 fora con estes farsantes

O Diretor da Garda Civil, ou Samuel Juarez parécenche máis merecedores da homenagem? Un brindis por todos eses grandes vilingues democratas da constitución como estes dous farsantes que sinalan para o mesmo sitio mentres non din nada do outro.

3 Xoel G

O director da Guardia Civil ou Samuel Juárez pertencen a gobernos elixidos democraticamente por unha maioría de cidadáns abrudaromente superior aos catro jatos que apoian este colgao. Se non che gusta, a conseguir que che voten. Logo falamos