Foi Tsipiras un valente?

Pablo Iglesias dicía recentemente que Tsipiras era un valente, que se Zapatero tivese presentado a súa dimisión hoxe non gobernaría Rajoy, e teño que estar de acordo en parte.

Por Carlos González Armada | | 26/08/2015

Comparte esta noticia
É certo que Tsipiras é un valente por dimitir aínda que moita xente indignada non queira velo, aínda que moita xente indignada pense que traizoo ao seu pobo, aínda que algúns digan que se tiña datos que lle facían non cumprir o referendum debía dimitir antes e deixar que outro con mais bemois fixese cumprir o ditado polo pobo griego....a pesar de todo iso, segundo o vexo, segue sendo un valente
 
Vexamos, en España cometéronse atropelos moito peores contra o pobo e nunca os políticos dimitiron por iso. Solicitar un referendo non significa ter que facerlle caso ao 100%, nin de ningún outro xeito, en tal caso Cataluña debería de ser hoxe independente, recordemos que a generalitat fixo unha consulta, (referendo encuberto), e o 80,76% dos votantes da consulta catalá votaron que si ás dúas preguntas propostas, polo tanto, queren que Cataluña sexa un Estado e que este sexa independente
 
Non, non sempre se lle fai caso ás consultas, aínda que o aconsellable é que si. As preguntas deberan de ser, Tsipiras se equivoco?, e a resposta é SI. Tsipiras é valente e honesto?, a resposta segue sendo SI, e é si, porque el sabe que se equivoco, e é si porque el sabe que incumpriu un mandato do pobo, e que o pobo é soberano, e polo tanto por honestidade debe de irse, e grazas a Deus ten a valentía de saber dimitir. A outra pregunta é, Tsipiras tiña  razóns para que se desobedece ese mandato cidadán?, non o sei, pero probablemente si.
 
O certo é que Tsipiras non é culpable do que acontece a Grecia, a débeda existente e negociada, XA EXISTIA cando el chegou, el tivo que xestionar un problema, e o caso é que o segundo culpable deste acto é Alemaña, xa que o coñecido como "milagre económico alemán", se basea no mesmo tipo de alivio da débeda que actualmente Alemaña lle nega a Grecia.
 
Para os que argumentan que a débeda hai que pagala, que así é como funciona o sistema, recordemos que no Acordo de Londres de 1953, sobre a débeda alemá, o 62% da débeda exterior alemá foi cancelada e se reestruturaron as súas débedas internas, 25 países acredores, entre eles Grecia, perdoáronlle esa débeda a Alemaña
 
Eu entendo que os covardes nesta crise foron o resto de países europeos, entre eles España, que cederon, ceden, e seguirán cedendo ante a forza impositora Alemana, xa que se todos os países, ou polo menos a mayoria, teríanse levantado e terían dito a Alemaña, ALTO no pasado a túa débeda foi perdoada, reestruturemos a débeda Grega, fagamos unha quita, e axustemos o resto a un interese alcanzable, entón Grecia tería gañado unha batalla que formulo Syriza, que prateo Grecia, que formulo Tsipiras, e non só tería gañado Grecia, teriamos gañado todos....por o tanto non lle pidamos a cabeza a un dos poucos, (xunto a Varaufakis), que puxo a Alemaña contra as cordas, pidamos a cabeza dos covardes presidentes, (entre eles Rajoy), que non apoiaron a grande oportunidade que lles tendeu Grecia, e que se axeonllaron ante Alemaña.
 
A Tsipiras saíulle mal a súa arriscada xogada, pediu o referendo sabendo que non podería cumprilo para motivar ao resto de países "democráticos" a que lle apoiasen na súa cruzada, e deixárono só, claudico, treméronlle as pernas, se equivoco, pero tivo a valentía e a honestidade de dimitir, de deixar que o pobo agora lle diga, entendémosche, sabemos porque o fixeches, ou que pola contra o manden a casa....a ver cando en España toman exemplo
 
Foi Tsipiras un valente?.......SI FOINO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA