Novo atentado a outra mámoa de Culleredo

Maquinaria pesada pasou por riba dela nunha tala forestal que afectou gravemente á masa tumular.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/09/2015 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Cando aínda algúns medios de Europa están falando do ridículo merendeiro que se montou enriba dunha mámoa en San Cristovo de Cea –o último a publicación especializada en arte Connaisance des arts --, e cando aínda é moi recente o acto vandálico cometido sobre unha das estacións de petróglifos máis importantes de Galicia, volve aparecer un novo caso de atentado patrimonial. Desta volta, foi a outra mámoa en Culleredo.

Agresión a unha mámoa no Monte Xalo/ Xabier  Agresión a unha mámoa no Monte Xalo/ Xabier Moure
Agresión a unha mámoa no Monte Xalo/ Xabier Agresión a unha mámoa no Monte Xalo/ Xabier Moure

Segundo denuncia o activista patrimonial Xabier Moure, unha mámoa de máis de 30 metros,  coñecida como Medoña do Chan do Castelo, foi afectada “gravemente” por maquinaria pesada. A mámoa, duns 6.000 anos de antigüidade e situada na necrópole megalítica do Monte Xalo ten un diámetro de máis de 30 metros e resultou danada nunha tala forestal.

“Recentemente, talaron sobre a mámoa do Chan do Castelo unha ducia de piñeros, subindo maquinaria forestal pesada sobre ela, quedando marcadas as rodeiras en todas partes. Ademais arrincaron os tocóns dos piñeiros, afectando gravemente á masa tumular. Mesmo o cartel que se ve na foto, indicando a existencia da medoña e posto alí este mesmo ano, foi arrancado e tirado no chan”, suliña Moure nun comunicado remitido ao GC.

A agresión xa foi posta en coñecemento do Servizo de Patrimonio na Coruña e do Concello de Culleredo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alarico

Existe melhor definiçom das classes dominantes -económicas e políticas- que esta barbárie? Existe melhor definiçom do que somos como povo que esta barbárie?