Por Europa Press / Redacción | VIGO | 22/02/2024 | Actualizada ás 15:00
Un mariñeiro de 31 anos, natural de Ribeira, faleceu a bordo do pesqueiro 'Petrel', de pavillón malvino pero participado por unha armadora viguesa, cando se atopaba no oceáno Atlántico a dous días de travesía das costas de Brasil. Fontes consultadas por Europa Press explican que, a falta dos resultados da autopsia, crese que o mozo sufriu algún tipo de accidente cardiovascular, como poida ser un ictus, segundo información trasladada polo Centro Radio Médico no mar.
O falecemento produciuse o pasado martes en augas do Atlántico. Este xoves, o buque atópase no porto de Recife (Brasil), despois de partir do porto de Vigo o pasado 9 de febreiro. Agora, a armadora viguesa traballa na repatriación do corpo deste mozo, que era xefe de máquinas do buque.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.