Carta aberta a Carlota Muñoz Pose

Dona Carlota Muñoz Posse, publicou vostede unha opinión sobre o que sucede no hospital Álvaro Cunqueiro, e en vostede dicía que "algúns votantes sectarios" estaban a animar a manifestación contra o hospital Álvaro Cunqueiro, e que o facían preocupados polas eleccións, para gañar votos.

Por Carlos González Armada | Vigo | 08/09/2015

Comparte esta noticia
Sintome na obriga de contestarlle. En primeiro lugar, eu non son sospeitoso de ter amizade co alcalde de Vigo, mais ben o contrario, pero neste caso, e se é ao a quen se refire, ou aos seus votantes, debo dicirlle que lleva,...que levan razón, o hospital é un desastre. Non lle discuto que cando estean emendadas todas as deficiencias e este operativo ao 100%, e ademais se actualice con todas as peticións que realicen dende a comunidade médica, vaia ser un grande hospital.., hoxe en día non, hoxe en día é un hospital deficiente,
 
En segundo lugar, non todos os que alentaban esa manifestación pertencían ao partido político ao que vostede se refire. Se non son capaces de recoñecer os defectos, o mal feito ata o momento, malamente van poder corrixilas
 
En terceiro lugar, con manifestacións deste tipo non me estraña que o P.P en Vigo case este desaparecido.
 
En cuarto lugar, dende a nosa plataforma, nós se queremos que a sanidade pública mellore, non o os demais, pero Xuntos congratularíase se o hospital fose punteiro, se Vigo fose un exemplo para o país e para Europa, para o mundo enteiro dunha sanidade exemplar, pero sento dicirlle que hoxe en día non é así, nin en Vigo, nin no resto de Galicia. En vez de facer este tipo de declaracións, arremangase, vostede e os seus compañeiros de partido e fagan que esa sanidade marabillosa sexa real.....pero non nos conten películas que os cidadáns non somos parvos
 
En quinto lugar, quero dicilo que eu non se se alguén inventou algún prezo dalgún viste dalgún servizo, o que se se é que o aparcadoiro hai que pagalo, e pagar un aparcadoiro nun hospital público é como darlle medicina a un muerto....a o meu persoalmente, a Xuntos, á directiva, aos seus seguidores, aos seus simpatizantes....a os cidadáns de Vigo en xeral, co simple feito de que existan ratos, goteiras, desorganización, mala atención derivada de instalacións deficientes, etc,...con que nos cobren 1,86 euros a hora por aparcar nun hospital público nos é suficiente
 
Por ultimo, dicía vostede entre os seus argumentos que esta mala xente que critica ao hospital non ten argumentos de debate, só a descualificación, os berros, os empuxóns, que non dan para máis!.
 
Pois eu lle digo que cando queira, onde queira, e no medio que vostede queira, eu persoalmente préstome a un debate con vostede para demostrarlle todas as deficiencias dese mal chamado hospital público, sen empuxóns, e sen gritos..,y sen votos polo medio, porque debaterá contra unha plataforma cidadá, non contra outro partido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA