Gravan asasinatos de lobos co permiso da Xunta

O Goberno galego autoriza batidas de xabarin onde cría o lobo que rematan con grupos enteiros desta especie desaparecidos pola cobiza dos cazadores. Vídeo no interior.

Por Ubaldo Cerqueiro | Pontevedra | 15/09/2015 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Non aconteceu nin unha, nin dúas veces; asasinatos de toda unha manda de lobos en Galicia co visto e prace da Xunta de Galicia. A Asociación Coordinadora Protectoras Pontevedra (ACOPO) acaba de denunciar unhna nova autorización de batidas ao xabarín onde a Xunta ten localizados lobos. Unha situación que "ten como consecuencia a desaparición de grupos familiares completos”, denuncia o seu secretario, Miguel Mosquera.

Lobo morto polos furtivos
Lobo morto polos furtivos | Fonte: ASCEL

E, desta volta, hai imaxes do acontecido, como así o acredita un vídeo que gravou a propia asociación ecoloxista e no que se ve o fin tráxico que ten un grupo familiar completo. Foi durante unha investigación que realizaba ACOPO a unha manda que xa coñecía a Xunta nun monte da provincia de Pontevedra.

"A día 6 de setembro, puidemos presenciar como unha batida autorizada se levaba a cabo exactamente nun lugar onde se tiña coñecemento, por dito estudo, que estaban 3 lobos adultos e 5 lobatos. A batida tivo como consecuencia que os cans colleran a un lobato, e os lobos adultos tiveran que fuxir para salvar a vida deixando atrás e a mercede dos cazadores e cans, aos lobatos. Algo que a Xunta debería ter evitado”, indica.

Xa é o terceiro ano consecutivo que esta asociación asiste a está “práctica “legal” de batidas encubertas ao lobo, nunha época na que a especie é máis vulnerable ao ubicarse nun lugar fixo criando aos cachorros. A Xunta autoriza batidas a xabaríns que acaban, tamén, coa morte dos lobos, en lugares onde esta espece está, supostamente, protexida.

"En anos anteriores durante o seguimento de grupos familiares de lobos, presenciamos en directo batidas autorizadas pola Xunta supostamente para o xabarín, que se desenvolveron milimetricamente no lugar onde estaban criando os lobos (a lobagueira), cando son máis vulnerables. Sempre tendo coñecemento a Xunta de que os lobos estaban nese lugar, o cal é máis grave, e sen que houbera ningún funcionario público velando porque a cacería non afectase ao lobo e se desenvolvera dentro da legalidade. O resultado é que os lobos desaparecen ben sexa por accións directas ou indirectas dos cazadores e propiciado pola administración galega”, denuncia esta entidade.

Precisamente, o ano pasado un grupo familiar afectado estaba sendo seguido cunha coleira GPS de radiomarcaxe nun estudo da Xunta de Galicia "pagado por todos", supostamente para preservar a especie. E, a pesar de que a administración tiña localizado exactamente ao grupo, iso non serviu para evitar unha desfeita e a desaparición completa desa manda, tras autorizar unha batida para o xabarín. Unha actuación que se volveu repetir, excactamente, hai uns días. 

ACOPO recorda que este ano a Xunta está facendo un estudo para actualizar o censo do lobo en Galicia en lugares nos que logo autoriza batidas. Por iso, a entidade pontevedresa estuda a posibilidade de presentar unha denuncia ante a Comisión Europea e ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Coa colaboración de Que Pasa Na Costa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 galegoexiliado

Mágoa que os ecologistas de La2 non grabaran os asesinatos de ovellas, vacas, cabalos e terneiros por parte dos pacifistas e vexetarianos lobos. Mágoa que os ecoloxistas de La2 non grabaran "a desaparición de grupos familiares completos" de labregos e gandeiros das suas aldeas. Mágoa que os lobos non entren nos xardins dos chales adiosados dos ecoloxistas de La2 pa saber como son os lobos. Coidemos aos lobos, que aos gandeiros xa se encarga a Xunta de arruinalos.

1 Piorno

Si home si. Agora vai ser culpa do lobo que se perdan as colleitas de millo. Agora vai ser culpa do lobo que o prezo da leite esté polo chan. Agora vai ser culpa do lobo que lle prendan lume ao monte. Agora vai ser culpa do lobo de que o monte galego se estea a convertir nun monocultivo de eucalipto... Ti si que das moita mágoa.

2 galegoexiliado

Logo de lles queimen o monte, os xabarins lle coman as colleitas, as leiteiras amigas da xunta non lles paguen o leite aos gandeiros so lles queda ter que manter ós lobos co seu gando pa que os ecoloxistas de La2 disfruten dos documentales pola tele, pois o único verde que ven é o do seu xardin no chalé adiosado, e o soldo de seguro que lles cae de subencions e diputacions. A do lobo é una desfeita mais que xunto con outras acaban ca vida do rural. Uns preocupados polos lobos e os das mareas preocupados polos sirios, e ós galegos.... que lles dean.

3 Piorno

Vouche a explicar, porque vese ben que eres un pobre ignorante. A maioría dos incendios son provocados polos propios paisanos do rural, entre eles gandeiros extensivos. Os lobos son os únicos depredadores que teñen os xabaríns, polo tanto son os mellores colaboradores dos agricultores. Deixa de botar bilis en contra dos lobos que vas coller unha úlcera, se é que non a pillaches xa.

4 domonte

Os gandeiros que coiden do seu gando, ese debe ser o seu traballo... Non o atenden como deberían e logo a culpa é do lobo, hai moitos gandeiros que queren gañar cartos pero non queren traballar... ¡unha vergonza! Se a administración lles cortara as axudas cando lles matan algún animal xa se vería como espabilaban, puñanse a traballar e atopaban a maneira de evitar os ataques dos lobos ó gando...como fan outros gandeiros.

1 BeneB

A responsabilidade non pode quedar nalgo etéreo,ten que ter nomes e apelidos. Espero que presenten a denuncia e que dea resultado cas súas consecuencias. A algúns éncheselles a boca de leis, mais só das leis que eles gostan, das outras mellor non falar

1 J´accuse

Culpables? o colonialismo corruPPtelas e PPaifoqueiras da cova de ladróns e macro prostíbulo chamado Expaña.