Moral e economía

Agora que comeza un novo curso académico e chegan novos estudantes as facultades de Economía e ADE venme ao pensamento unha falacia moi popular entre a xente nova, incluso entre os estudantes de economía: esta é a idea de que a economía é unha disciplina sen contido moral.

Por Francisco Xavier Lores | Compostela | 21/09/2015

Comparte esta noticia
Como consecuencia da popularidade desta falacia adoitase presentar aos economistas como persoas frías no que atinxe ao público, persoas que enfatizan os cartos e o sentidiño frente aos argumentos morais cuxas retóricas infunden grandes entusiasmos. Tecnócratas ocupados exclusivamente no resultado final sen ningún sentido do que está ben ou mal.
 
A economía moderna comeza con Adam Smith que empeza a sua actividade intelectual no eido da filosofía e posteriormente desplaza a seu interés cara a economía política, mudando o seu interese en ofrecer consellos moráis aos individuos hacia como mellorar as institucións e políticas públicas. Mais este cambio non significou o abandono dun principio moral fundamental que está no nucleo da Economía como disciplina académica: a crenza no valor da liberdade humana. Xa no  século XVIII Smith escribiu:
 
«Every man is, no doubt, by nature, first and principally recommended to his own care; and as he is fitter to take care of himself than of any other person, it is fit and that it should be so. »
 
que nos ven decir básicamente que cada un de nos é o máis apto para coidar de nos mesmos e non hai ninguna outra persoa, ou institución, que o poida facer mellor.
 
Adam Smith non foi o único economista que fixo explícita esta crenza. No século XIX John Stuart Mill afirmou:
 
«The only freedom which deserves the name is that of pursuing our own good in our own way, so long as we do not attempt to deprive others of theirs, or impede their efforts to obtain it. »
 
No século XX, Milton Friedman defendía que aquela sociedade que situe a igualdade (no senso de igualdade de resultados) por riba da liberdade, acabara sen igualdade e sen liberdade. Ao igual que Friedman moitos economistas atribuenlle a liberdade un valor instrumental, como medio para alcazar outros obxectivos como a igualdade e a prosperidade. Porén ninguen debería ter dúbida que Friedman, Mill e Smith veían a liberdade como un ben fundamental, algo que ten valor en si mesmo. Así é como a liberdade está inserida no núcleo da teoría económica. 
 
A economía moderna tense convertido nunha disciplina moi formal e matemática e isto pode favorecer que se perda de vista que o grande salto da economía é moral mais que matemático.  
 
Nos primeiros cursos de economía ensinamos o suposto de que os individuos poden ordear os seus resultados de menos preferidos a máis e propoñemos unha medida (que chamamos función de utilidade) que sigue as preferencias das persoas. Se por exemplo temos 100 resultados, podemos definir unha función de utilidade asignando 100 ao resultado máis preferido , 99 ao segundo preferido e así sucesivamente. Esta función de utilidad non di nada sobre o benestar do individuo, so é unha forma conveniente de ordear posibeis eleccións da xente. Cando viramos a atención ao benestar é cando facemos o noso gran salto moral. As melloras no benestar ocorren cando hay melloras en utilidade, e isto ocorre cando un individuo escolle unha opción que antes non estaba disponibel. Queremos decir que o benestar de alguen se incrementa cando se incrementa o conxunto de eleccións disponibeis. Cando establecemos isto estamos establecendo que o obxectivo fundamental das políticas públicas é incrementar a liberdade de elección dos individuos.
 
Este principio básico da liberdade en Economía crea unha predilección sobre a interacción humán e o comercio. Para Friedman, o máis importante feito sobre o libre mercado é que non se produce ningún intercambio a menos que todas as partes saian gañando. A defensa que algúns economistas fan do libre mercado non ten que ver con unha maior prosperidade senon coa loita polos valores da liberdade e a interdependencia humán.
 
Os nosos oponentes poden decir que os economistas temos idealizada a liberdade, e cando argumentamos sobre calquera problema podemos estar errados mais o que non poden decir é que navegamos sen estrela polar. A nosa estrela polar é unha crenza fundamental na liberdade.
 
Porén, a visión de que o libre mercado é un sistema moralmente inferior está moi extendida entre a xente nova e o que é máis sorprendente tamén entre empresarios ricos. Según esta visión a traxedia humán é que alternativas moralmente superiores ao libre mercado, como o socialismo, non son factibeis. Así, o libre mercado debe ser tolerado, é un mal necesario, mais un mal ao fin e ao cabo. 
 
O libre mercado ou capitalismo, así chamado de forma despectiva para tratar de enfatizar o suposto predominio do factor productivo capital sobre outros, parte coa gran vantaxe moral de que os actos entre os individuos son voluntarios. Outras alternativas, como o socialismo, dependen crucialmente da coerción. As veces, afírmase que se ben o libre mercado pode ser aceptable sobre o papel, na prática fai as persoas piores, a codicia fai a xente ruin e todo iso. Tampouco parece ser certo. Unha ollada con mente aberta a historia ou mesmo ás sociedades nas que están vixentes alternativas ao libre mercado suxiren que o capitalismo saca o mellor das persoas. A xustiza social pode requerir máis que un sistema de produción e intercambio, mais abofé que o libre mercado será parte da solución e non parte do problema. 
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Francisco Xavier Lores Nacín en Vigo. Entre 1982 e 1985 estudei no Instituto Santa Irene nas Travesas. Ainda hoxe xúntome con xente da clase e gostamos de conversar de calquera cousa. Recibín a miña licenciatura en Economía en 1991 pola universidade autónoma de Madrid. Posteriormente fun a Universidade Carlos III de Madrid para realizar estudos de postgrao, obtendo o grao de doutor en economía en 2002. Dende 2010 ensino economía na Universidade de Santiago de Compostela. As miñas áreas de interese se centran na aplicación dos modelos de equilibrio xeral dinámico para o análise de problemas económicos.