A Coruña promete unha nova etapa nas axudas ao emprego

O alcalde pechou esta mañá o proxecto Rede Coruña Emprega cun acto no Centro de Formación dos Rosales. O concelleiro Alberto Lema márcase como obxectivo a creación duns 2.000 postos de traballo ao ano para reducir a taxa de desemprego por debaixo do 10% neste mandato.

Por GC Emprende | A Coruña | 17/09/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

­ O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, clausuraron este mércores no Centro de Formación dos Rosales o proxecto Rede Coruña Emprega II. “Hoxe pechamos unha etapa en canto a formación de emprego e abrimos outra”, sinalou o rexedor, que avanzou que o Goberno local presentará a semana que vén o novo Plan Municipal de Emprego, que, como indicou, “se negociará con todos os actores

Xulio Ferreiro e Alberto Lema na presentación do Plan Coruña Emprega
Xulio Ferreiro e Alberto Lema na presentación do Plan Coruña Emprega

sociais e económicos da cidade para poñer en marcha unha nova etapa de formación e promoción do emprego na cidade”.

O novo Plan de Emprego que proxecta o Goberno local introduce novidades con respecto ao

pasado. “A situación non é a mesma que hai oito anos, estamos nun momento no que a crise

económica está presente, por máis que haxa indicadores macroeconómicos que poden apuntar a un cambio de tendencia”, explicou o alcalde. “O emprego non é un deses indicadores, xa que segue a existir un volume moi elevado de traballo precario, tanto no que atinxe á calidade de emprego como á creación do mesmo. Nós cremos que é necesario potenciar unha serie de sectores innovadores,  apostar polas novas tecnoloxías e buscar nichos de emprego de economía social”, argumentou Ferreiro.

“Hai que darlle un novo aire ás políticas de emprego para que sexan adecuadas aos tempos

e ao que queremos que sexa A Coruña do futuro”, engadiu. Pola súa parte, o concelleiro de Emprego indicou que as medidas do Concello van encamiñadas a reducir a taxa de desemprego na cidade, do 14% actual a unha cifra “que ao cabo dos catro anos debería estar por debaixo dos dous díxitos”, a pesares das dificultades derivadas da crise e da

lexislación vixente nesta materia.

“Entendemos que é un obxectivo ambicioso, que suporía a creación duns 2.000 empregos por ano, pero cremos que é necesario marcarse obxectivos”, observou Lema. Neste sentido, o responsable municipal convidou ás entidades presentes no acto, integrantes no Pacto Local polo Emprego, a manter “a liña de colaboración cara ao futuro, para acadar ese obxectivo  omún que é dar resposta á primeira prioridade que expresa a cidadanía en todas as enquisas, a preocupación polo desemprego”, coas ferramentas das que dispón o Goberno municipal e xunto a outras entidades do sector.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta